Rubiá
| Rubiá | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Rubiao |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Ourense |
| Comarca: | Valdeorras |
| Poboación: | 1.585 hab. (2009) |
| Área: | 100,7 km² |
| Densidade: | 15,79 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 10 parroquias |
| Capital do concello: | |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Elías Rodríguez Núñez (PPdeG) |
| Concelleiros: | BNG: 0 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 3 Outros: - |
| Eleccións municipais en Rubiá | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 96,49 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.concelloderubia.es/ | |
Rubiá é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2009 tiña 1.585 habitantes (1.716 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Rubiao.

| Evolución da poboación de Rubiá - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 3.738 | 4.164 | 4.220 | 3.049 | 1.685 | {{{6}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
Índice |
[editar] Xeografía
O concello ten 100,7 km², e abrangue 10 parroquias. Limita ao norte e ao leste coa provincia de León, ao sur con Carballeda de Valdeorras e ao oeste co Barco de Valdeorras.
É predominantemente montañoso, localizándose ao noroeste a zona máis abrupta, a serra da Enciña da Lastra, que se alonga pola parte central e oriental do concello, e onde nacen dous ríos, o Meiral e o Galir, afluentes do Sil. Ten unha altitude media duns 600 metros, sendo as cotas máis altas os picos das Tres Penas Marías (1.268 m), O Piornal (1.528 m) e Portelo da Tara (1.099 m).
[editar] Historia
A zona estivo poboada desde a prehistoria, conservándose dous poboados castrexos: o castro de Pardellán e o castro de Cabeza. Durante a romanización construíronse varias vías.
Na idade media albergou varios mosteiros. Desa época consérvase un templo románico en Pardollán. Hai tallas barrocas, como o retablo do Rosario e a talla dos doce apóstolos do retablo maior da parroquial de Rubiá, ou a talla da Virxe do Rosario o Sagrario coa Verónica na porta (obras de Gregorio Español) e a pequena talla de santo Antón Abade en Biobra.
Entre a arquitectura civil destaca a Casa Grande de Rubiá e a ponte de Regueiral.
[editar] Lugares de Rubiá
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rubiá vexa: Lugares de Rubiá.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Rubiá.
[editar] Parroquias
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |