Castrelo do Val
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Coordenadas: 41°59′26″N 7°25′27″W / 41.99056°N 7.42417°W
| Castrelo do Val | |
|---|---|
| Casa do Concello de Castrelo do Val. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | valense (non oficial) |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Ourense |
| Comarca | Comarca de Verín |
| Poboación | 1199 hab. (2010) |
| Área | 122,0 km² |
| Densidade | 9,83 hab./km² |
| Entidades de poboación | 9 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Vicente Gómez García (PSdeG) |
| Concelleiros | BNG: 0 PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 6 Outros: - |
| Eleccións municipais en Castrelo do Val | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 99,29% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.castrelodoval.com | |
Castrelo do Val é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE no 2010 tiña 1.199 habitantes (1.263 en 2003).
Índice |
Localización [editar]
O concello de Castrelo do Val atópase nunha zona de transición entre Cabeza de Manzaneda e a serra de Queixa polo norleste e o val do Támega (ou de Verín ou de Monterrei) no suroeste. As alturas máximas son as de Cabeza de Valdefeira (1.288 m), Peña Nofre (1.291 m) e Cabezo do Sogral (1.369 m), mentres que as alturas mínimas non baixan dos 400 m. O río Támega diríxese cara ao sur. O río Camba está represado no encoro das Portas.
A temperatura media anual é de 9 °C, con oscilación térmica de 14 °C e altas precipitacións anuais (1.700 mm.)
O camiño de ferro de Ourense a Zamora atravesa o concello.
Historia [editar]
Até 1842 coñecíase como Castrelo, pero nese ano engadíuselle "del Valle" para diferencialo de Castrelo de Miño. Foi galeguizado a finais do século XX.
Patrimonio [editar]
No lugar de Pedra Alta atopouse un petróglifo da Idade de Bronce único en Galiza, representando un ronsel de guerreiro con escudo e un carro tirado por animais[3]. Hai restos dun castro en Cabanca, Casteliños. Destacan as igrexas parroquiais de Servoi e Campobecerros, xunto a varios cruceiros (dos que o máis destacábel é o de Pepín) e a fonte e o casco antigo de Nocedo.
Entre o patrimonio natural destaca o Parque do Invernadeiro, que comparte con outros concellos veciños. Hai viñedos que producen para a Denominación de Orixe Monterrei.
Poboación [editar]
| Censo Total (Habitantes) | 1.169 |
| Menores de 15 anos | 91 (7.78 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 594 (50.81 %) |
| Maiores de 65 anos | 484 (41.40 %) |

| Evolución da poboación de Castrelo do Val (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 2.975 | 2.913 | 3.227 | 2.455 | 1.239 | 1.199 | {{{7}}} | {{{8}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Castrelo do Val.
Parroquias [editar]
Lugares de Castrelo do Val [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castrelo do Val vexa: Lugares de Castrelo do Val.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ "Achan por primeira vez en Galicia un ronsel de guerreiro con carro", artigo de Jorge Lamas en La Voz de Galicia, 7 de maio de 2011.