Oímbra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oímbra
Escudo de Oímbra
Videferre (Paisaje).jpg

Vista de Videferre.
Situacion Oímbra.PNG
Situación
Xentilicio[1] oimbrao (non oficial)
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Comarca de Verín
Poboación 2.032 hab. (2010)
Área 71,9 km²
Densidade 28,26 hab./km²
Entidades de poboación 7 parroquias
Política (2011)
Alcalde Alfonso Villarino Rodríguez
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 2
Outros: -
Eleccións municipais en Oímbra
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 79,29%
Na rede
http://www.oimbra.es

Oímbra é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2012 tiña 2.062 habitantes (1.991 en 2003).

Evolución da poboación de Oímbra (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 2.682  3.000  3.498  2.148  1.984  2.032    2.062  {{{9}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello limita ao norte co concello de Monterrei, ao leste con Verín, e ao sur e o oeste co concello de Chaves (Portugal). A vila de Oímbra sitúase na aba do monte Outeiro, a 400 m sobre o nivel do mar. Boa parte dos seus regos van dar ao río Támega.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total (Habitantes) 2.062
Menores de 15 anos 146 (7.08 %)
Entre 15 e 64 anos 1.261 (61.15 %)
Maiores de 65 anos 655 (31.76 %)

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo o bispo Idacio a zona estaba ocupada polos Aobrigenses, pobo prerromano galaico pertencente ao convento xurídico bracarense.

Despois da romanización estableceuse o poboado de Coelobriga na beira dereita do río Támega, preto da actual situación de Oímbra (no lugar coñecido como As Raposeiras), comunicado a través dunha ponte con outra poboación, Muradella, situada entre as parroquias de Mourazos e Tamagos (Verín), onde se atopou a estatua de Dioniso e Ampelos, unha estatua marmórea conservada no museo de Ourense.

A vía romana XIII do itinerario de Antonino ía desde Chaves até Iria Flavia, pasando por Carregal, preto de Oímbra, cruzando o río Búbal cara a Guimarei (Monterrei) e Ourense. No século III unha vía secundaria ía por Rabal, ao leste de San Cibrao, Coelobriga (As Raposeiras), o leste de Oímbra, Portela e Vagoeira (Vilaza), uníndose á vía XIII na ponte Búbal.

Trala chegada dos suevos a comezos do século V foron destruídas algunhas desas vilas, como a devandita de Vagoeira.

Durante o reinado de Leovixildo, no século VI, asentouse un poboado en Ribeira de Fornos ou Carregal. Debido ás continuas guerras, os habitantes mudáronse cara ao monte Outeiro, onde na actualidade se sitúa Oímbra, con mellores condicións de defensa, e fortificaron a poboación.

Entre os séculos XV e XVII establecéronse tribunais do Santo Oficio en Granxiña - Tamagos (Verín) e en Videferre, debido á crenza en meigas e ao celo das autoridades eclesiásticas por velar co cumprimento dos dogmas católicos. Para comunicar esas dependencias con Oímbra construíuse unha ponte de madeira sobre o Támega. Tras desaparecer nunha riada, foi reconstruído a finais do século XIX.

Cara a 1630 chegou á vila o nobre Juan Yáñez de Lugo, fillo de Alonso Yánez de Lugo, que promoveu unhas serie de obras e construcións que marcaron unha época de grande esplendor.

No pazo de Oímbra pasaban o tempo de lecer os condes de Monterrei, sendo Manuel Fonseca de Zúñiga grande amigo de Juan Yáñez de Lugo. O pazo tivo esplendor até finais do século XIX, estando na actualidade bastante deteriorado.

A vila tiña un castelo fortificado, pero foi incendiado e destruído en 1641 tras unha incursión portuguesa. Tralo incidente, os veciños refuxiáronse na capela de Santa Ana, no monte de Soutullo.

Ao finalizar en 1668 a guerra entre España e Portugal, Cambedo e Souteliño, que pertencían a Oímbra, pasaron a formar parte do Couto Mixto. En 1864 os dous países acadaron un novo acordo, pasando esas aldeas (xunto con Lamadarcos) a formar parte de Portugal a cambio de Santiago, As Maus e Rubiás.

Durante a Guerra da Independencia Española, as tropas do Marqués de la Romana que levaban na zona desde xaneiro, retiráronse o 6 de marzo ante a chegada das tropas do mariscal Soult. O Marqués de la Romana refuxiárase no castelo de Pobra de Sanabria debido á súa inferioridade, pois foron vencidas en Osoño e A Trepa. O día 10, tras varias xornadas de combate, as tropas francesas retoman a marcha cara a Portugal, sendo derrotadas o 2 de maio en Amarante.

Economía[editar | editar a fonte]

O sustento económico dos habitantes do concello procede en gran parte do sector primario, especialmente da agricultura e da gandería.

En Oímbra viuse utilizando o arado romano e o carro até ben entrado o século XX. Coa chegada dos tractores aumentou a produtividade agrícola. Ademais dos cultivos típicos de Galiza, coma cereais, patacas, hortalizas e legumes, árbores froiteiras e viñedos, teñen sona as oliveiras da zona. Cultivadas desde a romanización, a súa produción de aceite perdeuse en gran medida a mediados do século XX, estando na actualidade en proceso de recuperación.

Pero o produto estrela de Oímbra é o seu pemento branco, que conta con denominación de orixe, e que orixina a "Festa do Pemento", festa de interese turístico galego e que consegue xuntar a preto de 4.000 persoas na capital deste concello

Antes da repoboación forestal levada a cabo cara a 1955 abundaban os rabaños de cabras e ovellas. Na actualidade a gandeiría maioritaria é a porcina de subsistencia.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Coa chegada en 1630 do nobre Juan Yáñez de Lugo, Oímbra iniciou un certo período de esplendor, marcado pola construción de diversas obras e construcións.

A fonte de Soutullo foi construída en 1637 sobre o manancial da cara leste do monte Soutullo. Erguida en granito tallado a man, inclúe unha inscrición na parte superior cun escudo que inclúe unha cruz da casa de Ribadeneira, as armas dos Bahamonde, os lobos rampantes e os acibeiros da casa de Acevedo, e as estrelas dos Fonseca, estes últimos vencellados aos Condes de Monterrei. A fonte abastecía, mediante un cano de pedra que cruzaba o rego do Carregal por unha pontela, unha casa señorial do barrio da Lavandeira, a uns 300 metros da vila. A fonte foi trasladada trala súa compra en 1988 polo veciño de Verín Sergio Núñez Balboa.

O pazo de Oímbra está situado na praza Maior, facendo esquina coa rúa maior. A construción inicial foi ampliada en tres ocasións, unha delas en 1786, segundo unha inscrición no exterior da parede. No pazo de Oímbra pasaban o tempo de lecer os condes de Monterrei, sendo Manuel Fonseca de Zúñiga grande amigo de Juan Yáñez de Lugo. O pazo tivo esplendor até finais do século XIX, estando na actualidade bastante deteriorado. chegando a estar deshabitado e en ruína. Tras ser vendido a David Fernández Osorio, este deixoullo á súa irmá Albina, e esta repartiuno entre seus fillos Antonio, José, Juan e Concepción. Na actualidade está bastante deteriorado.

Nunha parede do interior consérvase un escudo cuartelado, con cimeira á dereita. Noutra parte do pazo, nun patio ao que se accede pola rúa da capela, hai unha escaleira de pedra cara a un corredor de madeira, no que hai un escudo similar ao anterior.

Preto do pazo está a capela do Carme, de planta rectangular, que forma parte do conxunto. Construída en granito, ten fachada de sillares encintados, con portada en forma de arco. Conta con espadana e campá. O templo tamén é coñecido como capela dos Mansos, debido a que nela está soterrado Luis Manso, herdeiro da casa de Viana. Casado en Albarellos (Monterrei) con Josefa Pérez, herdara o morgado do seu pai, o Xeneral Manso, quen casara en Oímbra coa filla da familia Rojas Cirvacas.

A igrexa de Santa María de Oímbra foi ampliada e reformada en 1634. Ten unha capela pegada á nave central, á que se accede desde o interior da igrexa, onde está o sartego de Juan Yáñez de Lugo, da súa familia e de Luis Manos, xunto cun escudo familiar.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Oímbra.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Oímbra

Bousés (Santa Baia) | As Chás (Santa María das Neves) | A Granxa (San Xoán) | Oímbra (Santa María) | Rabal (Santo André) | San Cibrao (Santa Cruz) | Videferre (Santa María)

Lugares de Oímbra[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Oímbra vexa: Lugares de Oímbra.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oímbra Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca de Verín Comarca de Verín
Castrelo do Val
Castrelo do Val
Cualedro
Cualedro
Laza
Laza
Monterrei
Monterrei
Oímbra
Oímbra
Riós
Riós
Verín
Verín
Vilardevós
Vilardevós

Coordenadas: 41°53′7″N 7°28′21″W / 41.88528°N 7.47250°W / 41.88528; -7.47250