Paderne de Allariz
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Paderne (homónimos).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Allariz (homónimos).
| Paderne de Allariz | |
|---|---|
| Igrexa de San Pedro de Figueiredo. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | padernés |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Ourense |
| Comarca | Comarca de Allariz - Maceda |
| Poboación | 1597 hab. (2009) |
| Área | 38,8 km² |
| Densidade | 41,16 hab./km² |
| Entidades de poboación | 10 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | José Manuel Fernández Gómez (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 0 PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 1 Outros: - |
| Eleccións municipais en Paderne de Allariz | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 96,84% |
| Páxina web oficial | |
| http://concellodepaderne.net | |
Paderne de Allariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. En 2009 tiña 1.597 habitantes segundo o Padrón municipal (1.643 en 2003).
Índice |
Poboación [editar]
| Evolución da poboación de Paderne de Allariz (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 3.785 | 3.800 | 3.275 | 2.218 | 1.630 | {{{6}}} | {{{7}}} | {{{8}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
| Censo Total | 1.574 |
| Menores de 15 anos | 127 (8.07%) |
| Entre 15 e 64 anos | 802 (50.95%) |
| Maiores de 65 anos | 645 (40.99%) |
Xeografía [editar]
Emprázase no reborde oriental da depresión de Ourense. Xeograficamente, destacamos a cadea montañosa que percorre o municipio en dirección Norte-Sur, con cimas que superan os 700 metros de altitude. Son dous os ríos que atravesan estas terras: o Gaiola e o Barbaña.
Patrimonio histórico e artístico [editar]
- Igrexa de San Lourenzo: Templo barroco onde o máis sobresaínte é a súa torre, de clara inspiración compostelá.
- Igrexa de San Salvador de Mourisco: De orixe barroca e de liñas simples. Interior dunha soa nave. Cuberta de madeira e chan de pedra. Bóveda de canón con arcos de medio punto. Posúe tribuna de madeira, excepto as columnas que sosteñen o seu peso que son de granito. Destacamos o retablo maior, do século XVII, onde se atopan importantes pezas de imaxinería como é a talla de San Salvador e imaxes de Cristo en maxestade. Nos laterais, outros pequenos retablos: o da esquerda representa á Virxe do Carme e o da dereita a San Bieito.
- Igrexa de San Salvador de Solbeira de Belmonte: Igrexa barroca de fachada moi sinxela. A porta principal está decorada cunha moldura que a rodea, facendo uns curiosos debuxos xeométricos nas esquinas. No centro do dintel da porta temos unha cuncha de bivalvo aberta. Esta portada está flanqueada por dúas pilastras. Encima do frontón aparece escrita a data da súa construción: 1789. Ao exterior, destaca o ciborio polo seu peculiar tellado. Interior dunha soa nave con cuberta de madeira. Tribuna de madeira.
- Conxunto de Hórreos de Vilameá: Utilizados para gardar o gran. Estrutura rectangular de madeira formada por táboas que permiten a ventilación do interior pero que ao mesmo tempo impiden a penetración da choiva. Sostido todo iso por alicerces de pedra. Teito de tella. Hoxe en día están bastante deteriorados.
- Cruceiro de Siabal: Típico cruceiro galego de data indefinida. A composición radica nunha base a modo de peaña con tres banzos sobre a que descansa un fuste liso poligonal e sobre el unha cruz de pequenas proporcións. Decoración ausente en todo o conxunto.
- Peto de Ánimas de Saá: Aséntase sobre unha plataforma de dobre fileira; o corpo inferior, de lados cóncavos, queda separado do superior por medio dunha cornixa, sobre a que se asenta a pequena fornela sen contido na actualidade. Constitúe o remate, unha cornixa que serve de base ao pedestal dunha cruz, no que se repite o xogo de liñas do corpo inferior, outorgando ao monumento un sentido armonioso e contribuíndo á súa estilización. Unha mutilada inscrición informa sobre o seu levantamento: 1800.
Festas [editar]
- San Lourenzo, en San Lourenzo, o 10 de agosto.
- Santo Antonio, na parroquia de Solbeira, o 13 de xuño.
- San Miguel, en Cantoña, o 11 e 12 de maio.
- San Pedro, en Figueiredo, o 29 de xuño.
- San Marcos de Golpellás a finais de abril.
- A Pascua en Figueiroá.
- Feira de Rioseco, en Figueiroá, o 13 de cada mes.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Paderne de Allariz.
Parroquias [editar]
Lugares de Paderne de Allariz [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Paderne de Allariz vexa: Lugares de Paderne de Allariz.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Concellos da Comarca de Allariz-Maceda | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Allariz |
Baños de Molgas |
Maceda |
Paderne de Allariz |
Xunqueira de Ambía |
Xunqueira de Espadanedo |
|||||