A Teixeira
| Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou en Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente. Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto dos dereitos de autor. |
| A Teixeira | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1] | Teixeirés |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Ourense |
| Comarca | Terra de Caldelas |
| Poboación | 479 hab. (2009) |
| Área | 27,6 km² |
| Densidade | 18,30 hab./km² |
| Entidades de poboación | 8 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Miguel Antonio Cid Álvarez (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 0 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 2 Outros: - |
| Eleccións municipais na Teixeira | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,21 % |
| Sitio web oficial | |
| www.concelloateixeira.org | |
A Teixeira é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2009 tiña 479 habitantes (235 homes e 244 mulleres) (551 en 2003), sendo este o segundo dos dous concellos galegos que ten menos de 500 habitantes, xunto con Negueira de Muñiz; a parte de ser un dos máis avellentados, cunha media de idade superior aos 60 anos.
O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Teixeirés.
| Evolución da poboación de A Teixeira - desde 1900 ata 2011 - | ||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 |
| 2.271 | 2.110 | 2.104 | 2.030 | 547 | {{{6}}} | {{{7}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||||
| Censo Total | 479 |
| Menores de 15 anos | 21 (4.38%) |
| Entre 15 e 64 anos | 209 (43.63%) |
| Maiores de 65 anos | 249 (51.98%) |
Índice |
[editar] Paisaxe
É un concello dunha paisaxe moi fermosa: a 1 km da vila existe unha excelente vista dos canóns do Sil. Presenta verdes prados e montañas nas que a árbore predominante é o castiñeiro.
[editar] Economía
A agricultura é a base da economía, predominando o viñedo: nos últimos anos creáronse moitas adegas que producen viño coa denominación de orixe Ribeira Sacra.
[editar] Parroquias
[editar] Lugares da Teixeira
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Teixeira vexa: Lugares da Teixeira.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
|
|||||