Beade
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Beade (homónimos).
| Beade | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Beadés (non oficial) |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Ourense |
| Comarca: | Ribeiro |
| Poboación: | 515 hab. (2010) |
| Área: | 6,4 km² |
| Densidade: | 80.48 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 2 parroquias |
| Capital do concello: | |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Senén Pousa Soto (PPdeG) |
| Concelleiros: | BNG: 0 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 2 Outros: - |
| Eleccións municipais en Beade | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 96,22 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.beade.es | |
Beade é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2010 tiña 515 habitantes (557 en 2007, 553 no 2006, 559 no 2005, 578 no 2004, 576 en 2003).
| Evolución da poboación de Beade - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 1.738 | 1.225 | 1.250 | 1.204 | 578 | 515 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
| Censo Total | 515 |
| Menores de 15 anos | 38 (7.38%) |
| Entre 15 e 64 anos | 325 (63.11%) |
| Maiores de 65 anos | 152 (29.51%) |
Índice |
[editar] Historia
Na Idade Media a fregresía de Beade (que abranguía as parroquias de Abelenda (Avión), Beiro, Faramontaos, Muimenta (Carballeda de Avia), Orega, Berán (Leiro) e As Regadas), pertencía á Orde de San Xoán de Xerusalén, que exercía señorío a través dunha encomenda.
A Encomenda de Beade, que chegou a pertencer ao priorato de Castela, era no século XVIII a máis importante de Galiza xunto coa de Quiroga. A súa influencia aumentou nese mesmo século ao absorber a Encomenda de Pazos de Arenteiro, que pertencera á Orde do Temple, incorporando ás súas posesións o propio Pazos de Arenteiro, Albarellos Astureses (Boborás), Cusanca, Dadín, Parada de Labiote e Reádigos (O Irixo).
En 1809, durante a Guerra da Independencia Española a zona foi saqueada polos franceses. En 1823 sufríu outro saqueo, a mans dos realistas contrarios ós liberais desta zona. En xullo de 1836 a parroquia de Beade foi atacada por tropas carlistas baixo as ordes de Guillade e Pobadura, pero a agresión foi repelida coa axuda dos veciños das Regadas e Cenlle.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Beade.
[editar] Lugares de Beade
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Beade vexa: Lugares de Beade.
[editar] Parroquias
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Beade | |
|---|---|
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
|
|||||