San Cibrao das Viñas
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| San Cibrao das Viñas | |
|---|---|
| Capela do Santo Cristo. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | cibrense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Ourense |
| Comarca | Comarca de Ourense |
| Poboación | 4310 hab. (2009) |
| Área | 39,5 km² |
| Densidade | 109,11 hab./km² |
| Entidades de poboación | 7 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Manuel Pedro Fernández Moreiras (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 2 Outros: - |
| Eleccións municipais en San Cibrao das Viñas | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 94,99% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.sancibrao.es/ | |
San Cibrao das Viñas é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 4.441 habitantes (3.840 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cibrense».
| Censo Total | 4.745 |
| Menores de 15 anos | 569 (12%) |
| Entre 15 e 64 anos | 3.152 (66,43%) |
| Maiores de 65 anos | 1.024 (21,58%) |
| Evolución da poboación de San Cibrao das Viñas (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 3.410 | 3.913 | 3.789 | 3.303 | 3.867 | 4.441 | {{{7}}} | {{{8}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Índice |
Xeografía [editar]
O concello, de 37,4 km², sitúase no noroeste da provincia de Ourense. Limita ao norte con Ourense e Pereiro de Aguiar, ao leste con Paderne de Allariz, ao oeste con Barbadás e ao sur coa Merca e Taboadela.
As principais vías de comunicación son a estrada N-525 (Zamora - Santiago de Compostela), a estrada N-540 (Ourense - Maceda), a estrada N-120 (Vigo - Villacastín), e a Autovía A-52 Rías Baixas.
Historia [editar]
Prehistoria [editar]
Os primeiros xacementos humanos datan do paleolítico inferior. Un deles atopouse na parroquia de Santa Comba de Gargantós. O outro achouse na parroquia de Pazos de San Clodio, nos terreos hoxe ocupados polo Polígono Industrial. Nel levouse a cabo en 1977 unha cata arqueolóxica, descubríndose numerosas pezas de talla de pedra de cuarcita adscrita ao período acheulense, hai entre 700.000 e 120.000 anos. Atopáronse bifaces, fendedores, raediras e útiles sobre lasca.
A capital do concello está situada polo paso dunha vía romana dirixida dende San Cibrao cara á Rabeda e enlazando posteriormente coa Vía Nova do itinerario de Antonino. Na vila atopouse un miliario do século III, unha peza de granito ben executada co seguinte texto en letra capital rústica:
- MºAUR
- CARINO
- NOB
- CAES
Aparece o pouco frecuente tratamento co praenomen Mº. O emperador Carino é de procedencia ilírica, e gobernou entre os anos 283 e 285, se ben o miliario está datado no ano 282, cando foi elixido César polo seu pai, o tamén emperador Caro. Trátase dun fito viario de carácter honorífico. O miliario foi descuberto en 1972 na capela románica do Santo Cristo, situado en posición vertical coas letras invertidas. Estaba pegado ao muro absidal, embutido no piso de madeira e sostendo o retablo. Actualmente constitúe o pedestal do altar da capela.
Daquela época tamén se conservan os alicerces dunha ponte sobre o río Barbaña á altura da aldea de Ponte Noalla.
O rei Afonso III desmembrou a dotación á catedral de Ourense para descargar ao cabildo da susceptione peregrinorum et sustentationibus pauperum, ao que antecedera o abade da Trinidade co seu hospital. O coto xurisdicional de San Cibrao das Viñas foi asignado, xunto cos da Valenzá, Villaescusa, Lamas e Pontón, á abadía da Trindade de Ourense, a máis pobre das doce dignidades que ocuparon un lugar preponderante durante a Baixa Idade Media, con posición relevante a carón dos bispos e con xurisdición común sobre as igrexas do seu territorio.
O abade Alonso de Fonseca e Ulloa fixo as capitulacións cos veciños de San Cibrao das Viñas para a creación da igrexa parroquial baixo a advocación de San Ildefonso no lugar sinalado polo merino Nuño Ortega. A nova igrexa foi costeada polos veciños, así como as súas reparacións, dependendo os seus capeláns da abadía. Os veciños posuidores de viñas pagaban anualmente á abadía 6 azumes de viño, e estaban obrigados a ir á abadía en Pascuas e o día da Santísima Trinidade, asistir á misa e ás procesións, baixo pena dunha libra de cera.
Fronte a todos estes privilexios da abadía, un elevado número de feligreses promoveron a emancipación da parroquia respecto da abadía, obtendo o apoio de Henrique IV e dos Reis Católicos, e en 1577 a Audiencia do Reino de Galicia resolveu ao seu favor, obtendo a vila xurisdición propia.
Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, presidente do Consello de Indias e Virrei de Nápoles, solicitou da Corte un privilexio de iguais prerrogativas e condicións cás da abadía, as que accedeu a Corte, dando a San Cibrao das Viñas o título de Vila e Coto. O Conde mandou construír xunto á Igrexa de San Ildefonso unha capela para o seu culto particular. Tamén construíu unha casa vivenda con muralla dende onde se divisa a capela.
Co tempo, as posesións dos condes de Lemos pasaron á familia de Tor, precedente e orixinaria da provincia de Lugo, que tiñan por señorío os cotos de San Xoán procedentes dun canónigo de Bobadela.
Daquel período de fidalguía e nobreza consérvanse algunhas casas ou pazos con paredes brasonadas. Boa parte da documentación perdeuse no incendio que en 1890 asolou o arquivo municipal.
Actualidade [editar]
O Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas é o polígono máis antigo de Galicia. Foi promovido pola Caixa de Aforros Provincial de Ourense o 25 de maio de 1965.
A localización foi decidida pola proximidade das estradas N-120 e N-540, preto da capital provincial (a 6,5 km), e preto da liña de ferrocarril Zamora - Ourense, próxima á estación de Taboadela. O 31 de maio de 1974 o decreto 1.890/74 delimitaba os terreos como chan industrial, e o 5 de xullo foi incluído na Gran Área de Expansión Industrial de Galicia.
As primeiras empresas en instalarse no polígono foron Barreiros Orense, Mobles Calvo e Orember. En 1975 Citroën adquiriu 56 ha de terreo. Trala total ocupación das parcelas, a Caixa de Aforros promoveu, en colaboración con Sigalsa, unha segunda fase de compra de parcelas. Adquiríronse 810.000 m², nos que se asentaron 27 empresas, entre elas Coren Uteco.
Parroquias [editar]
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de San Cibrao das Viñas | |
|---|---|
|
Gargantós (Santa Comba) | Noalla (San Salvador) | Pazos de San Clodio (San Clodio) | Rante (Santo André) | San Cibrao das Viñas (Santo Ildefonso) | Santa Cruz da Rabeda (Santa Cruz) | Soutopenedo (San Miguel) |
Lugares de San Cibrao das Viñas [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de San Cibrao das Viñas.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén [editar]
| Concellos da Comarca de Ourense | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Amoeiro |
Barbadás |
Coles |
Esgos |
Nogueira de Ramuín |
Ourense |
O Pereiro de Aguiar |
A Peroxa |
San Cibrao das Viñas |
Taboadela |
Toén |
Vilamarín |
|