Bande
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bande (homónimos).
| Bande | |
|---|---|
| Casa do Concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | banduense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Ourense |
| Comarca | Baixa Limia |
| Poboación | 2.086 hab. (2010) |
| Área | 99 km² |
| Densidade | 22,05 hab./km² |
| Entidades de poboación | 12 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | José Antonio Armada Pérez (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 1 Outros: - |
| Eleccións municipais en Bande | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,97 % |
| Sitio web oficial | |
| www.concellobande.com | |
Bande é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Segundo o INE en 2010 tiña 2.083 habitantes (2.217 no 2006, 2.285 no 2005, 2.326 no 2004, 2.332 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é banduense.
| Evolución da poboación de Bande - desde 1900 ata 2011 - | ||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 |
| 5.721 | 5.684 | 6.099 | 3.882 | 2.326 | 2.083 | {{{7}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||||
| Censo Total | 2.083 |
| Menores de 15 anos | 98 (4,7 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 1.107 (53,14 %) |
| Maiores de 65 anos | 878 (42,15 %) |
Índice |
[editar] Xeografía
O concello de Bande ten 99 km², e está dominado polos Montes de Bande, ao norte, que son ramificacións da Serra de Leboreiro. As altitudes máximas atópanse neles: Porto Lamas (1.146 m) e Fonte Santa (1.088 m). Polo sul discorre o río Limia, que forma o Encoro das Conchas, e de noroeste a surleste vai o río Cadós, que desemboca nel. Os bosques cobren dous terzos do terreo e o resto ocúpano cultivos e lameiros.
O clima é húmido e chuvioso, con temperaturas suaves no verán e baixas no inverno. A media anual é de 13,1 °C.
[editar] Economía
A agricultura ocupa o 50 % da poboación, que se complementa co gando ovino e vacún. Desde a década de 1940 a poboación reduciuse a un terzo debido á emigración, maioritariamente a Europa.
[editar] Historia
Bande escribe nas súas terras desde tempo inmemorial a súa historia, deixando a pegada nos vestixios das moitas poboacións que habitaron estes lugares. Bo exemplo diso son os numerosos restos arqueolóxicos que se conservan, entre os que resaltan as mámoas que se dispersan polo seu territorio, os castros de Rubiás, Sarreas, Fervenza, Seoane, Lobosandaus e Pena Maior.
[editar] Etimoloxía
Durante a romanización da Península Ibérica, Bande non pasou desapercibida. Bande, que etimoloxicamente provén de "Bandu", segundo algunhas teorías, ou de "Venatus", que evoluciona a "Vaneto", segundo afirma nos seus estudos o estudoso Xocas.
[editar] Época romana
No seu territorio habitaba a tribo dos Querquennos, que foron sometidos polas tropas romanas. No ano -218, Décimo Xunio Bruto que cruzou o río Limia (Lethes ou río do esquecemento) por algún lugar próximo ao que hoxe é territorio de Bande; Décimo Xunio Bruto demostra aos seus soldados -medorentos de cruzar estas augas- que non se perde a memoria alén do río, e cita un a un os nomes da súa tropa. Os romanos trazaron por estas terras a Vía XVIII de Brácara Augusta a Astúrica Augusta, coñecida como a Vía Nova do itinerario de Antonino Item alio itinere a Brácara Astúrica que foi construída no ano 80 baixo o reinado dos emperadores Perico e Domiciano. A mais de construírse un campamento denominado "Aquis Querquennis" coñecido tamén como "A Cidá" (este campamento é o terceiro da Vía romana).
[editar] Idade Media
Odoario mandou repoboar estas terras en nome do rei Afonso III no século IX. Estas terras e os seus habitantes víronse inmersos en numerosas guerras cos portugueses que loitaban por establecer unha fronteira. A principios de século, nas proximidades do campamento romano, concretamente no pobo de Baños, construíuse un balneario que en determinadas épocas do ano queda asolagado polo encoro das Conchas cando o nivel do mesmo é alto. Estas augas recoñecidas polas súas propiedades e aconselladas para tratar o reuma, enfermidades da pel e do aparello dixestivo, sae a uns 48 graos centígrados.
[editar] Restauración
Destacable é o feito de que, durante a Restauración, Bande era un feudo da familia Bugallal, que, segundo consta, gañaba as eleccións sen que se celebrasen as votacións, métodos que se denunciaron polas xentes destes lugares encabezados por Basilio Álvarez.
[editar] Monumentos
En 1921 declarouse Monumento Nacional a Igrexa de Santa Comba de Bande. En 1944 declarouse Monumento Histórico Artístico a ponte de orixe romana Ponte Pedriña, asolagada ese mesmo ano polo encoro das Conchas.
[editar] Patrimonio
Nas escavacións do campamento romano de "Aquis Querquennis" atopáronse, entre outros obxectos, unha estatuíña que representa a un lexionario.
No castro de Rubias atopouse unha cabeza pétrea de guerreiro de época galaico-romana, coñecida como Cabeza de guerreiro de Rubiás e que se conserva no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Na antiga igrexa de Baños destapouse unha lápida coa inscrición "Alepio de 19 anos morto en Cristo no ano 545", que na actualidade tamén se atopa depositada no museo ourensán e se considera como unha das máis antigas que se coñecen dun enterramento cristián.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Bande.
-
Interior da igrexa de Santa Comba de Bande
[editar] Parroquias
[editar] Lugares de Bande
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Bande vexa: Lugares de Bande.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.