San Amaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Amaro
Escudo de San Amaro
Portada igrexa de San Fiz de Navío, San Amaro.jpg

Portada da Igrexa de San Fiz de Navío (San Amaro).
Situacion San Amaro.PNG
Situación
Xentilicio[1] amarense
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Comarca do Carballiño
Poboación 1.287 hab. (2010)
Área 28,9 km²
Densidade 44,53 hab./km²
Entidades de poboación 8 parroquias
Política (2011)
Alcalde Ernesto Pérez González
Concelleiros BNG: 0
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 3
Outros: -
Eleccións municipais en San Amaro
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 74,73%
Na rede
-

San Amaro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2010 tiña 1.287 habitantes (1.385 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «amarense».

Censo total 1.287
Menores de 15 anos 60 (4,66%)
Entre 15 e 64 anos 716 (53,63%)
Maiores de 65 anos 511 (39,7%)
Evolución da poboación de San Amaro (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 3.205  2.905  3.272  2.592  1.371  {{{6}}}  {{{7}}}  {{{8}}}  {{{9}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio histórico e artístico[editar | editar a fonte]

O patrimonio arqueolóxico de San Amaro é salientable en achados de épocas anteriores ó mundo castrexo. Posiblemente os restos máis antigos que se atoparon son os do monte da Chaira, inmediato ó castro de San Cibrán das Las, con útiles líticos do Paleolítico. Iso móstranos que as terras do San Amaro xa foron habitadas dende as primeiras épocas da Prehistoria.

Da época do Bronce (II milenio a. de C.) aínda existen mámoas, enterramentos utilizados longo tempo, e tamén petróglifos. É de destacar o achado de petróglifos na parroquia de Eiras, coa novidade de que conteñen aliñacións cara o solpor do solsticio de verán e cara o castro de San Cibrao das Las, entre outras.

Pero o concello de San Amaro é máis coñecido, incluso internacionalmente, por posuír un dos sitios castrexos máis importantes da Península Ibérica, o castro de San Cibrao de Las, a posible Lámbrica dos textos clásicos do xeógrafo clásico Mela. Cómpre destacar que este impresionante castro está compartido co veciño concello de Punxín, igual que o veciño monte de San Trocado.

O monte de San Trocado tamén contén un pequeno castro, con medidas moito máis modestas que o anterior, pero non deixa de ser importante pola relación que tivo con aquel, pois debeu ser punto de vixía das rutas terrestres que conectaban o castro de Las co embarcadoiro da Barca e cos puntos mineiros das abas do San Trocado. Dende alí tamén podía divisarse a navegación fluvial polo río Miño.

Os restos dos períodos castrexo e da romanización están representados, ademais de polos sitios arqueolóxicos citados de Lás e Santrocado, por un conxunto de pequenos castros que en moitos casos son a orixe dalgunha aldea ou parroquia. Estes humildes castros arrodeaban ó de San Cibrao das Las, chamado alí A Ciudá, ó que estarían politicamente sometidos. Citaremos: o Castro Martiño en Eiras, o Castro de Eiras, o Castro de Salamonde, o Castro de Outeiro en Beariz e o castro de Salamonde, entre outros.

Da época romana temos un ara con inscrición, que apareceu na parroquia de Eiras, adicada ó deus Bandua de Lámbrica por un tal Emilio Reburrino, o primeiro habitante coñecido dese lugar. Lámbrica pode tratarse do topónimo primixenio do Castro de San Cibrao de Lás, nome que nos fai recordar as descricións de Mela.

Como complemento a unha visita arqueolóxica ó concello de San Amaro podemos dirixirnos as igrexas e ermidas, case sempre acompañadas de cruceiros. Un rico patrimonio relixioso con mostras de tódalas épocas. A igrexa máis sinxela, pero fermosa polo contorno no que se sitúa, é a ermida do San Trocado, no alto dese monte, vestixio de hábitats e cultos prehistóricos que foron cristianizados e os que seguen a acudir os veciños "obedecendo ós mandados do seu espírito", como xa manifestara Cuevillas. Dende alí podemos gozar de fermosas vistas do contorno, un lugar privilexiado para contemplar o Miño no se curso central, as terras do Carballiño e as montañas do Faro de Avión e da Martiñá, entre outras.

As parroquias do concello teñen todas un pequeno tesouro relixioso nas súas igrexas, capelas, cruceiros e mobiliario litúrxico, abundando máis o estilo barroco. Pero tamén hai un fermoso exemplar románico que merece visita: a igrexa de San Fiz de Navío, que data dos séculos XII ou XIII.

Dos edificios barrocos destacar os edificios das igrexas das Neves de Grixoa e Salamonde, con bos retablos nos interiores, aínda que a xoia dos retablos do concello está na igrexa de Santa Uxía de Eiras, cun fermoso exemplar realizado en 1704 por Francisco de Castro Canseco. Dentro dos retablos temos que fixarnos nas imaxes, ás que os habitantes demostraron sempre gran devoción. Hai nelas moitas sorpresas e, en algúns casos, alto nivel artístico e técnico, como pode apreciarse no San Xosé da igrexa de Eiras, onde está perfectamente caracterizado o "vento" que move as súas vestiduras polo seu lado dereito.

En canto as capelas e cruceiros, destacar dous lugares singulares: a capela e o cruceiro do lugar de San Roque en Salamonde, e a entrada á reitoral de San Cibrán das Las, onde unha serpe de pedra sobe polo fuste do cruceiro cara a cruz. Algúns destes cruceiros, coma o citado de Lás, foron peto de ánimas, pero tamén hai petos de ánimas en muros de paredes como é o do lugar do Cruceiro, de factura popular. Non debemos esquecer as reitorais, edificadas a xeito de pazos e onde residía a autoridade relixiosa de cada parroquia, case sempre anexas ás parroquiais. O mellor exemplo é o da casa reitoral de Anllo, cunha fermosa cheminea.

Entrada monumental ó pazo de Eiras (San Amaro) con pedras de armas a cada lado, fornela na parte superior, onde estaba unha estatua de San Antonio, e pináculos combinados con ameas derriba da cornixa moldurada.

Na arquitectura civil barroca destacan os pazos de Eiras, o Sabariz, tamén nesa parroquia, e a Touza en San Fiz de Navío, con cheminea monumental. Case todos teñen pombal, algúns de perfecta canteiría, como ocorre no da Touza. As parroquias de Navío e de Eiras teñen, ademais, outras casas fidalgas de moi fermosa factura. Son salientables as pedras de armas que podemos atopar en todo o concello, en pazos, casas fidalgas e igrexas, que nos falan da procedencia das familias importantes que transitaron por estas terras, así como das relacións entre elas.

Para finalizar non debemos esquecer a riqueza etnográfica, abandonada case sempre, constituída por casas populares (patín, solaina, escaleiras exteriores, cabaceiro inmediato, forno...), muíños, fornos comunais, eiras, fontes, lavadoiros, lagares e, incluso, algunha telleira. A eles debemos engadir as paisaxes resultado das actividades agrarias tradicionais: os sucalcos en San Fiz de Navío e Xinzo, as corredoiras, algunha delas enlousada, as congostras...). Son todos vestixios das actividades e das tradicións das xentes do San Amaro.

Outras veces vemos pezas moi antigas reutilizadas en edificios posteriores. Exemplo diso son algunhas pedras castrexas reutilizadas na construción da igrexa de Eiras e na reitoral de Anllo.

Tampouco podemos esquecer o patrimonio natural, destacando as beiras dos regatos e as carballeiras que a duras penas se conservan. A xoia natural do concello é a carballa de Eiras, cuns cincocentos anos de historia, soportando temporais e, mesmo, incendios. Está diante do pazo dos Tizón.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de San Amaro

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de San Amaro

Anllo (Santiago) | O Barón (San Fiz) | Beariz (San Martiño) | Eiras (Santa Ouxea) | Grixoa (Santa María das Neves) | Las (San Cibrao) | Navío (San Fiz) | Salamonde (Santa María)


Lugares de San Amaro[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de San Amaro vexa: Lugares de San Amaro.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Amaro Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Concellos da Comarca do Carballiño Comarca do Carballiño
Beariz
Beariz
Boborás
Boborás
O Carballiño
O Carballiño
non temos escudo
O Irixo
Maside
Maside
Piñor
Piñor
non temos escudo
Punxín
San Amaro
San Amaro
San Cristovo de Cea
San Cristovo de Cea