Pontedeva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pontedeva
Situación
Situacion Pontedeva.PNG
Xentilicio[1]: Pontedevés - Pontedevense
Xeografía
Provincia: Provincia de Ourense
Comarca: Terra de Celanova
Poboación: 680 hab. (2009)
Área: 9,9 km²
Densidade: 71,11 hab./km²
Entidades de poboación: 29
Capital do concello: Aldea de Deva
Política (2011)
Alcalde: Juan Carlos González Carbajales (PPdeG)
Concelleiros: BNG: 0
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Outros:
Eleccións municipais en Pontedeva
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 99,09 %
Sitio web oficial
http://www.pontedeva.es/

Pontedeva é un concello da Provincia de Ourense en Galicia. Pertence á Comarca da Terra de Celanova.

Poboación en 2009: 680 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (664 en 2003). Ao longo do ano 2006 Pontedeva gañou 102 habitantes, rompéndose a racha decrecente de anos anteriores. Porén, a comezos do 2008 o número de habitantes baixou de novo un total de 19 persoas.

Xentilicio (véxase no Galizionario) : Pontedevés - Pontedevense

Índice

[editar] Demografía

Censo Total 680
Menores de 15 anos 55 (8.08%)
Entre 15 e 64 anos 377 (55.44%)
Maiores de 65 anos 248 (36.47%)

Evolución da poboación de Pontedeva:

Evolución da poboación de Pontedeva - desde 1900 ata 2009 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009
 1.296  1.161  1.429  868  647  {{{6}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


[editar] Descrición Xeográfica

O concello de Pontedeva pertence á comarca da Terra de Celanova, situada no sector suroriental da provincia de Ourense. As súas dúas parroquias esténdense por 10 quilómetros cadrados, cunha poboación de 650 habitantes. O seu linde polo norte é o concello de Cortegada, polo sur co de Padrenda; ao oeste co concello pontevedrés de Crecente e ao leste co municipio ourensán de Gomesende.

No referente ao seu relevo, o concello está constituído fundamentalmente por un gran val, formado grazas ao río Deva, que pasa polo concello e que fai de linde polo norte. Varios dos seus afluentes atravesan o municipio. Este val ten terras moi boas para o cultivo. As zonas máis elevadas son as terras situadas na parte máis occidental do concello e nos lindes co municipio de Padrenda, sendo o cumio máis elevado, Penedo do Monte. O seu clima é oceánico e as árbores máis abundantes son os carballos, piñeiros, eucaliptos e algúns castiñeiros.

[editar] Historia

Hai evidencias de que estas terras estiveron poboadas antes da chegada dos romanos. Así, unha proba da existencia destas culturas prerromanas son os castros que hai nos lugares de Valiño e A Senra. Tamén se pensa que por aquí pasou unha vía romana que favorecería os posteriores asentamentos no concello.

Na época medieval, o marqués de Malpica era, ata finais do século XVIII, quen se encargaba de impartir a xustiza ordinaria así como de cobrar os impostos, xa que estas terras pertencían ao seu señorío. Estaban baixo a xurisdición de Milmanda.

Posteriormente formou parte do partido xudicial de Celanova dende o ano 1820, pero no ano 1965 foi incorporado ao partido xudicial de Ourense. Por último, en 1988 rematou pertencendo ao de Ribadavia.

Este concello tamén sufriu as consecuencias da emigración de mediados do século XX. Esta é unha das causas do avellentamento da poboación, pasando dos 60 anos unha gran parte da súa poboación.

[editar] Monumentos e Aspectos Turísticos

No concello de Pontedeva destacan os seguintes monumentos:

  • a ermida de San Xusto na parroquia de Trado,
  • a igrexa de San Breixo na parroquia de Pontedeva,
  • a capela de Xinzo de Deva,
  • a igrexa de San Paio en Trado,
  • a capela da Madalena en Freáns de Deva.

A parte destes monumentos antigos tamén podemos atopar diversas construcións históricas como:

  • a antiga cárcere en Freáns,
  • a Ponte de Xinzo,
  • o Pazo na Aldea,
  • o Pazo en Trado.

Ademais, en Pontedeva pódese gozar dunhas fermosas vistas panorámicas, un dos principais atractivos é a pesca que antigamente era unha actividade bastante popular no río Deva aínda que nos últimos anos diminuíu por culpa da construción dunha minicentral hidroeléctrica en Quintela.

[editar] Lugares de Pontedeva

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pontedeva vexa: Lugares de Pontedeva.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Pontedeva

Pontedeva (San Breixo) | Trado (San Paio)

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas