Pedro Fernández de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pedro Fernández de Castro, finado en Alxeciras en 1343, foi un nobre galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o Señor de Monforte de Lemos. Ao morrer seu pai, envíano a Portugal, onde se cría xunto ao infante don Pedro. Tras a súa crianza regresa á Galiza, poñéndose ao coidado da facenda herdada.

Despois foi nomeado mordomo maior da corte castelá. Casou primeiro con dona Beatriz de Portugal, con quen non tivo descendentes. Desposou logo a señora de Villanueva de los Infantes, Castrelo y Espinosa, dona Isabel Ponce de León, enxendrando a Fernán Ruiz de Castro “Toda a lealdade de España” e Xoana de Castro “a desamada”.

Da súa unión extramatrimonial coa dama portuguesa Aldonça Lourenço de Valadares tivo dúas fillas e un fillo:

A súa sepultura atópase no mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes.