Laza
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Coordenadas: 42°3′38″N 7°27′41″W / 42.06056°N 7.46139°W
| Laza | |
|---|---|
| Igrexa de Santa María de Retorta. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | lacense (non oficial) |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Ourense |
| Comarca | Comarca de Verín |
| Poboación | 1570 hab. (2010) |
| Área | 215,9 km² |
| Densidade | 7,27 hab./km² |
| Entidades de poboación | 10 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | José Ramón Barreal (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 0 Outros: - |
| Eleccións municipais en Laza | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 99,73% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.laza.es/ | |
Laza é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o padrón municipal en 2010 tiña 1.570 habitantes (1.826 en 2003).
| Evolución da poboación de Laza (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 4.405 | 4.262 | 4.573 | 3.034 | 1.800 | 1.570 | {{{7}}} | {{{8}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
| Censo total | 1.541 |
| Menores de 15 anos | 73 (4,74 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 790 (51,26 %) |
| Maiores de 65 anos | 678 (43,99 %) |
Índice |
Etimoloxía [editar]
A orixe etimolóxica do topónimo Laza parece ter a súa orixe no vocábulo latino latium, que correspondería á rexión chamada do Lacio da Península Itálica entre os ríos Tíber e Liris, e da que se supón proviñan os primeiros romanos asentados neste val, aínda que algúns autores como Antonio-Augusto Diéguez Añel atópanlle unha orixe celta[Cómpre referencia].
Historia [editar]
No concello hai varios xacementos da idade do bronce, como o petróglifo das Pisadiñas (Laza) ou o das Ferraduras (Soutelo Verde). Na idade do ferro desenvolveuse a cultura castrexa, aparecendo o castro como hábitat. Aparece nos cumes ou na caída dos outeiros de media altura, aproveitando as cualidades defensivas, agrícolas , gandeiras ou/ e mineiras. Na tradición popular adquiren diferentes nomes: castro, castelo, coroa, cidadela, etc... No Concello de Laza atopamos abundantes mostras deste tipo de xacementos:
O Castro. (Asentamento fortificado en Castro de Laza). Segundo Xesús Taboada Chivite ("Carta Arqueológica de Verín", en Actas del III Congreso Nacional de Arqueología, Zaragoza, 1953): “Castro de Laza, en el pueblo de su nombre, al borde del camino secundario que enlazaba las vías 17 y 18 del itinerario de Antonio Pío”.
E apoiando a idea do paso da Vía Secundaria IV en Galicia que unía Chaves (Portugal) e Baños de Molgas (Ourense): “Por Laza, bordeando el Oppidum allí existente, cruzaba el camino, que desde Alberguería asciende hasta la Sierra de San Mamed” (Manuel Fernández Castos y Manuel Fuentes Corral, nº 35, Nós, A Coruña.)
E segundo o autor nativo deste pobo: Antonio-Augusto Diéguez Añel na súa obra "Támega", páxina14:
- Castro dos Mouros. (Asentamento fortificado. Soutelo Verde)
- A Coroa. (Asentamento fortificado. Carraxó).
- A Cidadella. (Asentamento fortificado. Carraxo. Hai que destacar neste castro a existencia nun monte próximo dunha explotación de estaño, coa cal o castro puido ter relación).
- Lombo da Cerca. (Asentamento fortificado. Trez).
- O castro. (Asentamento fortificado. Alberguería.)
- A Picota. (Asentamento. Camba).
As terras do val de Laza foron poboadas polos Tamaganos, unha das tribos castrexas pertencente ó convento Bracarense que aparece nomeada na Columna Honorífica da ponte de Chaves o Padrón dos pobos, e que abranguería as terras do Val norte do río Támega.
Os romanos tamén deixaron aquí a súa fonda pegada tal como se manifesta nos restos arqueolóxicos atopados na zona e que proban a explotación dos xacementos minerais, de asentamentos ou doutro tipo de restos:
- A Coroa. (Explotación aurífera en aluvión. Camba).
- Os Casarellos. (Asentamento. Toro. Apareceron varios muíños de man e un couzón de pedra dunha porta).
- Cabeza de Cántara. (Explotación mineira. Tamén puido ser aurífera. Cerdedelo).
- Vasilla de Carraxó. (Cerámica. Carraxó).
- Ara anepígrafa da Alberguería.
- As Minas Vellas de Arcucelos.
Na Idade Media como sinala Taboada Chivite ó estudar a Reconquista e a súa consolidación na comarca de Baronceli, Laza aparece relacionada nunha declaración testemuñar sobre aquela. Alude a este pobo como “Laza do Conde”. Foi curato de presentación do Conde de Motezuma, Marqués de Tenebrón que pon tamén ó seu xuíz. Tirso de Molina na súa obra “Mari Hernández, La gallega” escribe:
“El de Laza que ya esotro lado
ameno se avecina,
al. Val de Monterrey con quien confina,
cinco leguas de Chaves
dista este monte," etc....
A finais do século XVIII, ano 1777, Pedro González de Ulloa, no seu libro “Relación y Descripción Geográfica de los Estados pertenecientes a la excelentísima y Nobilísima Casa de Monterrey en el reino Galicia, Provincia de Órense” di o seguinte respecto a Laza:
Sobre o couto jurisdiccional de Alberguería, tiña o poder o Arcediano de Varonceli. Da Catedral de Ourense, Vicente Risco e Xaquín Lorenzo no Boletín da Real Academia Galega explícannos como o camiño antigo que atravesa a vila de Laza, formando a súa rúa máis longa e principal, foi noutro tempo verea moi importante, sendo chamado polos lugareños “Camiño de Castela” coa ruta de: Laza, Eiras, Portocamba, Campo Becerros, Venta do Bolaño, e Venta do Espiño ata a Gudiña, confirmando que tivo moito trafego de segadores que ían á sega á Castela. Tamén viñan de Castela comerciantes para traer aceite, carne, pemento, etc... Posiblemente lle viñera de aí a súa importancia.
No ano 1812, a constitución contempla unha nova división territorial na que xorden novos concellos. Laza, Castro de Laza e Cerdedelo pertencen ó partido xudicial de Monterrei. A comezos de 1822 o concello de Cerdedelo desaparece e aparece como tal o de Retorta.
Finalmente, no ano 1835 implántase unha nova organización de municipios e Laza e mailas súas parroquias, que coinciden coas actuais, adscríbense ó partido xudicial de Verín.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Laza.
-
Ficheiros:Peliqueiros de Laza.jpg
Parroquias [editar]
Lugares de Laza [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Laza vexa: Lugares de Laza.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.