Quintela de Leirado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Quintela.
| Quintela de Leirado | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Quintelán |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Ourense |
| Comarca: | Terra de Celanova |
| Poboación: | 754 hab. (2008) |
| Área: | 31,3 km² |
| Densidade: | 24,09 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 5 parroquias |
| Capital do concello: | Leirado |
| Política (2007) | |
| Alcalde: | José Antonio Pérez Cortés (PP) |
| Concelleiros: | BNG: PPdeG: PSdeG-PSOE: Outros: - |
| Eleccións municipais en Quintela de Leirado | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 98,26 % |
| Sitio web oficial | |
| páxina web | |
Quintela de Leirado é un concello da provincia de Ourense, pertencente á Comarca da Terra de Celanova. Segundo o Padrón Municipal, no ano 2004 tiña 831 habitantes, dous máis que o ano anterior. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Quintelán.
| Evolución da poboación de Quintela de Leirado - desde 1900 ata 2004 - | ||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
| 2.351 | 2.242 | 1.987 | 1.463 | 831 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||
Conta con cinco parroquias e 30 entidades de poboación. Atópase a 50 km da capital provincial.
Índice |
[editar] Xeografía
Atópase no val do río Deva. Ten unha orografía accidentada, cunha elevada altitude media. Ó sur ten alturas superiores ós 1.000 metros nas estribacións da serra de Leboreiro en cumios coma o Penagache (1.213 metros) ou o Aguillón do Castelo, de aspecto agreste e fortes pendentes. Ó noroeste localízanse coutos e cerros de cumios chás de entre 700 e 900 metros de altitude, como o couto de Silva Escura ou o couto da Moura.
O río Deva, afluente do Miño, nace ó pé da serra de Penagache, en Arrotea, a 1.000 metros de altura. Posúe un trazo sinuoso con fortes pendentes, regando toda a zona.
[editar] Historia
Na idade Media a parroquia de Leirado estivo supeditada á xurisdicción eclesiástica do mosteiro de Ramirás, mentres que as de Santa María de Leirado e Redemuíños pertencían ó señorío do marqués de Malpica.
A configuración parroquial modificouse en 1836 ó crearse a parroquia de Quintela de Leirado, completándose en 1893 coa de Xacebáns.
[editar] Lugares de Quintela de Leirado
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Quintela de Leirado vexa lugares de Quintela de Leirado.
[editar] Parroquias
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Quintela de Leirado | |
|---|---|
|
Leirado (San Pedro) | Mociños (Santa María) | Quintela de Leirado (San Paulo) | Redemuíños (San Salvador) | Xacebáns (Santiago) |
[editar] Referencias
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
|
|
||||
|---|---|---|---|---|
|
|