Piñor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piñor
Escudo de Piñor
Casa do concello de Piñor.JPG

Casa do concello de Piñor.
Situacion Piñor.PNG
Situación
Xentilicio[1] piñorense
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Comarca do Carballiño
Poboación 1350 hab. (2011)
Área 52,7 km²
Densidade 25,62 hab./km²
Entidades de poboación 7 parroquias
Capital do concello Piñor
Política (2011)
Alcalde Francisco Fraga Cibeira
Concelleiros BNG: 0
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 5
Outros: -
Eleccións municipais en Piñor
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 99,28%
Na rede
http://www.piñor.es
concellopinor@gmail.com

Piñor é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2011 ten 1.350 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «piñorense».

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo Total (Habitantes) 1.322
Menores de 15 anos 67 (5.06 %)
Entre 15 e 64 anos 771 (58.32 %)
Maiores de 65 anos 484 (36.61 %)
Evolución da poboación de Piñor (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 3.932  3.373  3.611  2.293  1.505  {{{6}}}  {{{7}}}  {{{8}}}  {{{9}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

Prehistoria[editar | editar a fonte]

Hai restos da cultura megalítica que mostran que xa había presenza humana na prehistoria, como son diversas mámoas, xa referenciadas no dicionario de Madoz (1845) ao falar da parroquia do Desterro.

Da cultura castrexa consérvanse un castro preto da aldea de Guimarás, na parroquia da Canda. O asentamento non foi escavado, pero si catalogado e explorado por Florentino López Cuevillas, que o incluíu no "Catálogo dos castros da Terra do Carballiño" publicado na revista Nós co nome de Outeiro do Castro. Fala dun castro de pequenas dimensións (64 m de longo por 54 de ancho) emprazado ás beiras do río Mirela (chamado nestre tramo río do Castro), o cal lle serve de defensa natural.

Romanización[editar | editar a fonte]

Da época da romanización, tamén segundo Florentino Cuevillas, foron atopados a comezos do século XX tres canos de 60 cm de longo feitos de pedra e ladrillos, a 1 km aproximadamente do castro de Guimarás, na parroquia de Barrán. Segundo o autor, posiblemente estaban destinados á condución de augas, podendo formar parte dalgunha vila romana.

Antonio Rodríguez Colmenero cita na súa obra Galicia Meridional Romana que certos topónimos como Barrán e Fontao poderían suxerir a existencia de asentamentos romanos, así coma Grovas. Nesa mesma obra relaciónase o topónimo A Canda coa minería romana, e as poboacións de Arenteiro e Arenteiriño (Barrán) poderían estar relacionadas coa explotación de prata, ben na romanización ou ben nunha época posterior.

Noutra obra do mesmo autor, La red viaria romana del sudoeste de Galicia fálase dunha calzada romana que sairía de Portela do Home cara ao Carballiño, atravesando os ríos Homem e Limia e as localidades de Entrimo, Arnoia e Ribadavia- Unha vez no Carballiño, a calzada podería dirixirse ou ben cara á vía que foi aproveitada para construír a actual estrada entre Ourense e Santiago de Compostela, ou ben cruzar o concello de Piñor para dirixirse por Oseira e Confurco cara a Lugo.

Idade Media[editar | editar a fonte]

O autor Miguel Romaní fala da historia no concello durante a Idade Media nas obras Colección diplomática do Mosteiro de Oseira e Catálogo del archivo Monacal de Osera en 1629. Daquela a configuración parroquial era algo diferente (aínda non existían as de Torcela e Barrán), e xa aparecen mencionadas as pontes de Mirela e Arenteiro.

Na obra Los caminos medievales de Galicia, Elisa Ferreira Priegue menciona que había varios camiños atravesando a zona, o máis importante deles o que unía Ourense e Santiago de Compostela, que pasaba por Cudeiro, Tamallancos, Ponte Sobreira, Sobreira, Faramontaos, Viduedo, Casas Novas, Cea, Piñor, Ponte Arenteiro e Carballeda antes de continuar cara á comarca do Deza. Vicente Risco achega máis datos en Geografía del Reino de Galicia, apuntando que dende Cea o camiño atravesaba Ponte Cotelas, Canda, Ponte Mirela, Barrán, Piñor e Carballeda. Á beira desta vía naceron as poboacións de Mirela, Senderiz e Piñor. Outros camiños, configurados en base á vía principal, eran o que atravesaba a Canda por Guimarás para chegar a Oseira, e o que partía da ponte do Arenteiro cara a Castro de Vence, remontando o río Arenteiro pola marxe esquerda.

O mosteiro de Oseira adquiriu terras e propiedades nas parroquias de Piñor moitas mediante doazóns e compras, que eran aforadas a cambio dunha renda. Para recoller estas rendas, e asegurarse de que as terras fosen ben traballadas, o mosteiro contaba, segundo o Rotello Vello, un tumbo de século XIV, cunha serie de mordomos distribuídos polas parroquias. O produto máis cultivado era o centeo. Na parroquia de Loeda impulsouse o cultivo da vide.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Piñor.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Piñor

Barrán (San Xoán) | A Canda (San Mamede) | Carballeda (Santa María) | Coiras (San Xoán) | A Corna (Santa María do Desterro) | Loeda (San Paio) | Torcela (Santiago)

Lugares de Piñor[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Piñor vexa: Lugares de Piñor.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Piñor Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca do Carballiño Comarca do Carballiño
Beariz
Beariz
Boborás
Boborás
O Carballiño
O Carballiño
non temos escudo
O Irixo
Maside
Maside
Piñor
Piñor
non temos escudo
Punxín
San Amaro
San Amaro
San Cristovo de Cea
San Cristovo de Cea