Rairiz de Veiga
| Rairiz de Veiga | |
|---|---|
| Igrexa de Santo André de Guillamil. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | veiguense (non oficial) |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Ourense |
| Comarca | Comarca da Limia |
| Poboación | 1673 hab. (2010) |
| Área | 72,39 km² |
| Densidade | 23,11 hab./km² |
| Entidades de poboación | 8 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 1 concelleiros PPdeG: 6 concelleiros PSdeG-PSOE: 2 Outros: - |
| Eleccións municipais en Rairiz de Veiga | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 99,66% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.rairizdeveiga.es | |
Rairiz de Veiga é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2010 tiña 1.673 habitantes (1.767 en 2003).
| Censo Total | 1.697 |
| Menores de 15 anos | 80 (4,71 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 923 (54,39 %) |
| Maiores de 65 anos | 694 (40,89 %) |
| Evolución da poboación de Rairiz de Veiga (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 4.084 | 4.151 | 4.463 | 4.114 | 1.788 | 1.673 | {{{7}}} | {{{8}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Índice |
Xeografía [editar]
O concello ten unha superficie de 72,39 km², e abrangue 8 parroquias. Atópase na Limia Alta, a unha altitude media (entre 600 e 1.000 m).
Ocupa parte dos terreos antigamente anegados pola lagoa de Antela, conservándose algunhas charcas, como as Veigas da Ponte Liñares. As Veigas da Saínza, Ordes e Congostro forman unha valgada enchoupada, de pouca drenaxe. A zona é un un Lugar de importancia comunitaria de 15 km². Estas veigas adoitan ser zonas húmidas nas tempadas de choiva, permitindo unha grande riqueza biolóxica nos pastos e nas carballeiras. A zona está incluída na Rede Natura 2000 e na reserva da biosfera Área de Allariz. Alí atópase a carballa da Rocha.
Historia [editar]
Na zona foron achados restos de palafitas, construcións propias de poboados á beira de lagos e lagoas feitas con madeira e barro, de planta circular e paramentos de cestería. Durante a cultura castrexa houbo asentamentos como o castro de Monte Albán (parroquia de Sabariz), escavado a comezos do s. XX por Florentino López Cuevillas e Vicente Risco, e onde apareceu un enxoval con numerosas pezas de cerámica campaniforme e outros materiais.
Quedou bastante pegada da romanización de Galicia, ao pasar por aquí a via XVIII do itinerario de Antonino entre Braga e Astorga, que cruzaba o río Limia na Ponte Pedriña.
Na idade media construíuse a Torre de Celme, da que non quedan restos. Xa na idade moderna construíronse o pazo de Santa María de Ordes, un conxunto de casas grandes e capela, na actualidade reformado. respecto á arquitectura relixiosa, a igrexa de Guillamil é de estilo románico. As de Lampaza e Rairiz de Veiga son do s. XVIII con portada renacentista. As de Candás, Congostro, Ordes e Sabariz son barrocas.
Durante o antigo réxime na xurisdición de Rairiz de Veiga impartían xustiza o Conde de Moctezuma (parroquias de Congostro e Ordes) e o Conde de Monterrei. O actual concello constituíuse coa división territorial de España en 1833.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Rairiz de Veiga.
Parroquias [editar]
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Rairiz de Veiga | |
|---|---|
|
Candás (San Martiño) | Congostro (Santa Mariña) | Guillamil (Santo André) | Lampaza (Santa María) | Ordes (Santa María) | Rairiz de Veiga (San Xoán) | Sabariz (San Pedro) | Zapeaus (Santo Adrao) |
Lugares de Rairiz de Veiga [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rairiz de Veiga vexa: Lugares de Rairiz de Veiga.
Véxase tamén [editar]
| Concellos da Comarca da Limia | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Baltar |
Os Blancos |
Calvos de Randín |
Porqueira |
Rairiz de Veiga |
Sandiás |
Sarreaus |
Trasmiras |
Vilar de Barrio |
Vilar de Santos |
Xinzo de Limia |
|
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.