Leiro
| Leiro | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Leirensés (non oficial) |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Ourense |
| Comarca: | Ribeiro |
| Poboación: | 1.833 hab. (2010) |
| Área: | 38,3 km² |
| Densidade: | 47,78 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 9 parroquias |
| Capital do concello: | |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Francisco José Fernández Pérez (PPdeG) |
| Concelleiros: | BNG: 1 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 2 Outros: AIL - 1 |
| Eleccións municipais en Leiro | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 97,03 % |
| Sitio web oficial | |
| http://concellodeleiro.wordpress.com/ | |
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Leiro (homónimos).
Leiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2010 tiña unha poboación de 1.833 habitantes, o que representa unha diminución constante respecto ós anos 2004, cando tiña 1.940 habitantes, e 2003, con 1.967.
| Evolución da poboación de Leiro - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 4.973 | 4.470 | 4.197 | 2.488 | 1.940 | 1.833 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
| Censo Total | 1.833 |
| Menores de 15 anos | 123 (6,71%) |
| Entre 15 e 64 anos | 1.093 (59,63%) |
| Maiores de 65 anos | 617 (33,66%) |
Índice |
[editar] Historia
Xa no século VI, existía nestas terras unha próspera comunidade agrícola. En 928 os condes don Álvaro e Savita fundaron o mosteiro de San Clodio, cedido á Orde de San Bieito xunto con gando e terras nas marxes do río Avia. No século XIII incorporouse á Orde do Císter, época de máximo esplendor. No século XIX foi desocupado, coa desamortización de Mendizábal.
Outras terras do concello foron administradas por Berán, Lamas, Serantes e Orega, condes de Ribadavia, e as terras de Gomariz pertencían ao mosteiro de Sobrado dos Monxes.
[editar] Patrimonio
No concello atópase o mosteiro de San Clodio que se remonta ao século VI e que na actualidade convertiuse nun hotel monumento de catro estrelas.
A arquitectura románica aparece nas igrexas parroquiais de Santa María de Lamas, San Tomé de Serantes (cun baldaquino gótico no seu interior), Gomariz e Lebosende (con fachada gótica do século XVI). A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII, con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada. A capela de San Pedro, en Leiro, é de mediados do século XVII.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Leiro.
[editar] Lugares de Leiro
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Leiro vexa: Lugares de Leiro.
[editar] Parroquias
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |