A Bola
| A Bola | |
|---|---|
| Igrexa de San Munio de Veiga. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | Bolense (non oficial) |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Ourense |
| Comarca | Terra de Celanova |
| Poboación | 1.463 hab. (2010) |
| Área | 34,9 km² |
| Densidade | 43,18 hab./km² |
| Entidades de poboación | 107 |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | María Teresa Barge Bello (BNG) |
| Concelleiros | BNG: 7 PPdeG: 2 PSdeG-PSOE: 0 Outros: |
| Eleccións municipais na Bola | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,87 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.concelloabola.es/index.php?lang=gl | |
A Bola é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2010 tiña 1.463 habitantes (1549 en 2004 e 1.540 en 2003).
| Evolución da poboación de A Bola - desde 1900 ata 2011 - | ||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 |
| 4.043 | 3.988 | 3.906 | 2.248 | 1.549 | 1.463 | {{{7}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||||
Índice |
[editar] Toponimia
O Concello da Bola debe o seu nome á bóla granítica situada no lugar da Bola. Foi alterada por unha serie de fracturas perpendiculares á superficie, formándose barrocais de bólas amoreadas unhas sobre as outras, en equilibrio natural sobre unha das súas superficies máis pequenas.
| Censo Total | 1.486 |
| Menores de 15 anos | 88 (5.92%) |
| Entre 15 e 64 anos | 794 (53.43%) |
| Maiores de 65 anos | 604 (40.64%) |
[editar] Xeografía
O concello, de 39,9 km², limita ao norte coa Merca, ao sur con Verea, ao leste con Allariz e Vilar de Santos, e ao oeste con Celanova.
Está situado nunha zona de media montaña, preminentemente chá, nas estribacións da cara leste da serra do Leboreiro, ao pé dos cumios do Forriolo, Monte Calvo e San Cibrao. A altitude media está entre os 500 e 600 m. A altitude máxima é o monte do San Cibrao (914 m), e a mínima no regato de Fechiñas, no límite con Celanova e A Merca (300 m), ao noroeste.
Ten un clima continental, cunha temperatura media anual de 10,5 ºC e unha amplitude térmica de 13,4 ºC. , Hai un prolongado período de frío entre novembro e abril, e a precipitación anual media é de 1.038 mm, cunha acusada seca no verán.
A hidrografía está determinada polo curso medio do río Arnoia e por varios afluentes, destacando entre eles o río Orille. Este curso, procedente de Verea, delimita boa parte dos límites occidentais do concello. Nel desembocan os regatos das Momoelas, da Amunía, do Castro e do Porto, na zona sur do concello, e con dirección leste-oeste. Na zona norte os ríos Fechiñas e Porto conflúen pouco antes de saír do concello e desaugar no Arnoia.
Cara ao leste está a zona máis accidentada, no Monte Calvo e no Furriolo, que dividen as cuncas do río Limia e do Miño.
[editar] Política
As últimas eleccións municipais deixaron a situación de A Bola deste xeito:
| Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 | |||||
| Partido | Votos | % | Concelleiros | ||
| BNG | 862 | 68.58 % | 7 | ||
| PP | 321 | 25.54 % | 2 | ||
| PSOE | 71 | 5.65 % | 0 | ||
- Alcalde electo: María Teresa Barge Bello (BNG).
[editar] Historia
Polo concello pasaba a Vía XVIII do itinerario de Antonino, pero non tivo unha gran poboación. A zona comezou a repoboarse cara aos séculos IX (época da construción do mosteiro de San Munio de Veiga) e X.
Na Idade Media o concello estivo baixo influencia do mosteiro de San Salvador de Celanova, estando baixo a súa xurisdición parte do territorio. Outras zonas do municipio estaban baixo as xurisdicións de Berredo, Fruíme, Vilaverde e Sorga, da baixa nobreza, e a de Vilariño do Campo, pertencente ao conde de Maceda. O mosteiro de San Munio da Veiga era independente do de Celanova debido a que era responsable da Encomenda de San Marcos de León, integrada na Orde de Santiago.
Na Idade Moderna construíronse os pazos de Berredo, Podentes e Sorga.
No século XIX as xurisdicións deron paso aos concellos constitucionais de Berredo e Soutomel, que en 1835 se fusionaron no da Bola.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes da Bola.
[editar] Parroquias
[editar] Lugares da Bola
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Bola vexa: Lugares da Bola.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.