Amoeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amoeiro
Escudo de Amoeiro
Iglesia de San Pedro de Trasalba 5.jpg
Iglesia de San Pedro de Trasalba.
Situación
Situacion Amoeiro.PNG
Xentilicio[1]: Amoeirés (non oficial)
Xeografía
Provincia: Provincia de Ourense
Comarca: Ourense
Poboación: 2.300 hab. (2010)
Área: 39,7 km²
Densidade: 58,39 hab./km²
Entidades de poboación: 8 parroquias
Capital do concello:
Política (2011)
Alcalde: Rafael Rodríguez Villarino (PSdeG-PSOE)
Concelleiros: BNG: 0
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 6
Outros: -
Eleccións municipais en Amoeiro
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 98,47 %
Sitio web oficial
http://www.amoeiro.es/

Amoeiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 2.300 habitantes, o que supón unha diminución de 27 habitantes con respecto aos datos do 2009 (2.371 no 2006, 2.356 no 2005, 2.322 no 2004, 2.276 no 2003).

Evolución da poboación de Amoeiro - desde 1900 ata 2010 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2010
 4.490  4.580  4.169  2.593  2.322  2.300
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Xeografía

O municipio ten 39,7 km². Está situado na meseta dos Chaos, ao noroeste do val do río Miño. Limita ao norte con Vilamarín e San Cristovo de Cea, ao sur con Ourense e Punxín, ao leste con Coles, e ao oeste con Maside.

Ten un terreo chan e fértil, con fragas de piñeiros e eucaliptos. Conta cun couto cinexético e cunha zona de pesca no río Barbantiño, no que está a fervenza do Cachón.

Polo concello discorre a Vía da Prata do Camiño de Santiago.

[editar] Historia

No lugar da Ferradura (Trasalba), consérvanse restos de petróglifos da Idade de Ferro no conxunto do Chan da Feradura. No castro de Zarra tamén hai restos de petróglifos, así como no Raposo. No Coto de Castro e en Marmán atopouse abundante cerámica e estruturas arquitectónicas.

No lugar do Formigueiro hai restos dun castelo medieval, asentado sobre un castro, do que quedan vestixios en diversas casas e na igrexa do lugar. O castelo do Formigueiro, documentado xa no século XI, era coñecido primitivamente co nome de Alba de Búbal, de onde procede o topónimo Trasalba.

Consérvanse varios templos relixiosos de arquitectura románica, como as igrexas de San Martiño de Cornoces (levantada sobre penas e un antigo castro) , Santa María de Amoeiro, Santiago de Parada e Santa Mariña de Fontefría (no adro da cal se descubriu un sarcófago de granito anterior ao século XI). Consérvanse restos do mosteiro de Bóveda (o primeiro construído en Galiza da orde do Císter, na segunda metade do século XII), o mosteiro de Cornoces e o mosteiro de San Damián.

As terras do concello pertenceron ao señorío da Casa de Vilamarín, e estivo incluído entre as enormes posesións do mosteiro de Oseira, da orde cisterciense. Tivo gran produción de gran e pan de trigo, que abastecía ao mercado de Ribadavia, de onde se traía o viño.

En 1809, durante a Guerra da Independencia Española, os habitantes dos Chaos salvaron o gando dos ataques das tropas napoleónicas escondéndoo nos habitáculos abovedados soterrados do castelo.

Na construción da capela de Sanxiao foron utilizadas dúas pedras decoradas procedentes dun poboado castrexo próximo (este tipo de restos atópanse tamén noutras construcións da aldea) e na mesma atopamos unha das únicas aras romanas da provincia reutilizadas como pila bautismal.

Do patrimonio civil consérvanse pazos e casas grandes coma a dos Mirandas (Parada), Coto Martín (Bóveda), Reinoso (Cornoces), San Damián (Abruciños), Gaión (Amoeiro) e a casa de Cima de Vila en Trasalba, casa natal de Ramón Otero Pedrayo. Pola ponte de San Fiz, sobre o río Barbantiño, no límite co concello de Maside, pasaba o camiño real de Ourense cara a Pontevedra. O forno comunal de Sabariz ten gran valor etnográfico.

[editar] Lugares de Amoeiro

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Amoeiro vexa: Lugares de Amoeiro.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Amoeiro.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Amoeiro

Abruciños (San Xoán) | Amoeiro (Santa María) | Bóveda de Amoeiro (San Paio) | Cornoces (San Martiño) | Fontefría (Santa Mariña) | Parada de Amoeiro (Santiago) | Rouzós (San Cibrao) | Trasalba (San Pedro)


[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:


Concellos da Comarca de Ourense Comarca de Ourense
Amoeiro
Amoeiro
Barbadás
Barbadás
Coles
Coles
Esgos
Esgos
Nogueira de Ramuín
Nogueira de Ramuín
Ourense
Ourense
O Pereiro de Aguiar
O Pereiro de Aguiar
A Peroxa
A Peroxa
San Cibrao das Viñas
San Cibrao das Viñas
Taboadela
Taboadela
Toén
Toén
Vilamarín
Vilamarín
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas