San Cristovo de Cea
Coordenadas: 42°28′N 07°58′W / 42.467°N 7.967°W
| San Cristovo de Cea | |
|---|---|
| Praza do reloxo e, á dereita, o edificio do concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | ceés |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Ourense |
| Comarca | Comarca do Carballiño |
| Poboación | 2739 hab. (2009) |
| Área | 93,9 km² |
| Densidade | 29,17 hab./km² |
| Entidades de poboación | 13 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Xosé Luis Valladares Fernández (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 9 PSdeG-PSOE: 1 Outros: - |
| Eleccións municipais en San Cristovo de Cea | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,84% |
| Páxina web oficial | |
| www.concellodecea.com | |
San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2009 tiña 2.739 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceés».
| Evolución da poboación de San Cristovo de Cea (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 6.441 | 6.102 | 6.043 | 5.358 | 2.994 | {{{6}}} | {{{7}}} | {{{8}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Índice |
Xeografía [editar]
O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.
O noreste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.
O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.
Historia [editar]
Consérvanse restos megalíticos (mámoas) e os poboados castrexos da Martiñá, Covas e San Fagundo.
En 1137 foi fundado pola orde de San Bieito o mosteiro de Oseira, pertencente dende 1141 á orde do Císter. A partir do século XII e durante o antigo réxime o mosteiro de Oseira exerceu a xurisdición sobre a zona, tendo o seu abade o título de Conde de Cea. As parroquias de Mandrás e Vilaseco pertencían á xurisdición de Xosé Temes, e a parroquia de Castrelo pertencía ao Condado de Ribadavia.
A inicios do século XIX foron creados os concellos de Oseira, Cea e Mandrás, fusionados trala división territorial de España en 1833.
Patrimonio [editar]
Amais do mencionado mosteiro de Oseira, entre o patrimonio de San Cristovo de Cea destaca a igrexa parroquial de San Fagundo, de arquitectura románica. No concello está o Museo Etnográfico de Liste.
Economía [editar]
O concello basea o seu sustento económico no sector primario. As parroquias de Oseira e Vales contan con explotacións leiteiras, e a zona sur do concello ten granxas porcinas, avícolas e de coellos, integradas en COREN. Por outra banda, a agricultura inclúe a recollida do trigo que serve para facer o pan de Cea, con denominación de orixe, habendo máis de 40 fornos de cocción.
A feira local celébrase os días 6 e 22, e o primeiro domingo de xullo celébrase a festa do pan de Cea.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de San Cristovo de Cea.
Parroquias [editar]
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de San Cristovo de Cea | |
|---|---|
|
Castrelo (San Cibrao) | Cea (San Cristovo) | Covas (Santa María) | Lamas (San Martiño) | Longos (Santa Baia) | Mandrás (San Pedro) | Oseira (Santa María a Real) | Pereda (Santa Baia) | San Fagundo (San Fagundo) | Souto (San Salvador) | Vales (San Pedro) | Vilaseco (San Miguel) | Viña (San Román) |
Lugares de San Cristovo de Cea [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de San Cristovo de Cea vexa: Lugares de San Cristovo de Cea.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
| Concellos da Comarca do Carballiño | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Beariz |
Boborás |
O Carballiño |
O Irixo |
Maside |
Piñor |
Punxín |
San Amaro |
San Cristovo de Cea |
||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |