Manzaneda
| Manzaneda | |
|---|---|
| Ruta dos curros en primavera na estación de montaña de Manzaneda. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | manzanedense (non oficial) |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Ourense |
| Comarca | Comarca da Terra de Trives |
| Poboación | 1006 hab. (2011) |
| Área | 114,6 km² |
| Densidade | 8,78 hab./km² |
| Entidades de poboación | 10 parroquias |
| Capital do concello | Cabeza de Manzaneda |
| Política (2011) | |
| Alcalde | David Rodríguez Estévez (BNG) |
| Concelleiros | BNG: 4 PPdeG: 2 PSdeG-PSOE: 1 Outros: 0 |
| Eleccións municipais en Manzaneda | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,00% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.concellodemanzaneda.es/ | |
Manzaneda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE no 2011 tiña 1.006 habitantes (1.150 en 2004); o que supón un lixeiro aumento con respecto ao ano anterior.
| Evolución da poboación de Manzaneda (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 3.283 | 3.437 | 2.973 | 1.954 | 1.150 | 994 | 1.006 | 1.001 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Índice |
Xeografía [editar]
Situado na parte nororiental da provincia, limita ao norte co concello da Pobra de Trives, ao leste co concello do Bolo, ao sur co concello de Vilariño de Conso, e ao oeste co concello de Chandrexa de Queixa. A súa capital, Manzaneda, destaca polo seu conxunto histórico medieval do que aínda se conservan importantes vestixios.
Poboación [editar]
Con trazos da Galicia de montaña, con escasa poboación nova e unha ampla capa de maiores de 65 anos, o concello de Manzaneda aglutinaba en 2012 1001 habitantes.

| Censo Total | 1001 |
| Menores de 15 anos | 43 (4,29 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 553 (55,24 %) |
| Maiores de 65 anos | 405 (40,46 %) |
Turismo [editar]
Enclavado no Macizo Central ourensán, o concello de Manzaneda conta con diversos recursos turístico de alto valor paisaxístico e natural. Quizais que Manzaneda sexa coñecida, pola gran maioría dos mortais, por ser o concello que xunto coa Pobra de Trives comparte a estación de esquí de Manzaneda, pero non só isto. O Souto de Rozabales alberga o castiñeiro máis vello de Europa, con máis de 1000 anos de idade e 13,85 metros de perímetro; o castiñeiro de Pumbariños. Alén disto, a igrexa parroquial de San Miguel de Bidueira, a escasos 8 km. da capitalidade municipal, é coñecida como a catedral das terras de Manzaneda ou a catedral da montaña, pola súa gran maxestuidade. Así mesmo, a vila de Manzaneda destaca por ser unha vila medieval, da que se conservan numerosos vestixios do seu glorioso pasado. O abano turístico complétase con rutas de sendeirismo coñecidas popularmente como a ruta do Val Glaciar de Prada e a ruta dos Soutos de Cesurís. A primeira percorre a plataforma de abrasión dun glaciar que erosionou o val que percorre a ruta fai máis de 10.000 anos, e a cal chega ata o núcleo abandonado de Prada, enclavado nunha paisaxe de gran beleza. A segunda ruta percorre os amplos soutos da parroquia de Cesuris.
Galería de imaxes [editar]
- Vexa o artigo principal na Galería de imaxes de Manzaneda
-
Castiñeiro de Pumbariños situado no Souto de Rozavales
Parroquias [editar]
Lugares de Manzaneda [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Manzaneda vexa: Lugares de Manzaneda.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |