Toén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Toén
Escudo de Toén
Igrexa de San Martiño de Alongos, Toén.jpg

Igrexa da parroquia de Alongos.
Situacion Toén.PNG
Situación
Xentilicio[1] toenés
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Comarca de Ourense
Poboación 2.635 hab. (2009)
Área 58,3 km²
Densidade 45,2 hab./km²
Entidades de poboación 8 parroquias
Política (2011)
Alcalde Amancio Cid Pérez
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 3
Outros: -
Eleccións municipais en Toén
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 55,86%
Na rede
http://www.toen.es/
concello.toen@eidolocal.es

Toén é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense. Segundo o IGE no ano 2010 tiña 2.656 habitantes (2.521 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «toenés».

Evolución da poboación de Toén (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 3.881  3.875  4.369  3.474  2.573  2.656  {{{7}}}  {{{8}}}  {{{9}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello está constituído por 41 núcleos de poboación agrupados en oito parroquias. Limita cos concellos de Barbadás polo leste, con Ourense ao norte (separados polo río Miño), con Cartelle ao sur, e con Castrelo de Miño ao sur.

As zonas de maior altitude sitúanse nas franxas sur e leste, pero sen cumios moi elevados, de pouco máis de 600 metros. As terras do norte, oeste e centro forman o extenso val do río Miño. Este río está embalsado no encoro de Castrelo de Miño, onde recibe as augas do rego de Puga, rego de Xestosa e o rego de Fragoso.

Hai un gran contraste nas temperaturas, baixas en inverno e altas en verán, con néboas persistentes e chuvias escasas (uns 800 mm).

Os produtos máis abundantes son a vide no val e a pataca e o centeo no interior, pero a maior parte das terras están marcadas pola masa forestal, sobre todo por matos. O sector agrario en Toén xira fundamentalmente en torno á produción vinícola, cun 53% da superficie total cultivada. As parroquias de Alongos, Puga e Feá pertencen á Denominación de Orixe O Ribeiro, sendo unha das zonas de maior produción de caldos autóctonos.

En relación coas actividades industriais destaca a existencia de varias canteiras de pedra de moita importancia no terzo norte do concello, en torno aos núcleos de Mugares, Puga e Feá.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

A estrada secundaria OU-342 comunica a cidade de Ourense co concello entrando pola parroquia de Mugares, mentres que a OU-317 o fai por As Airas. Dende a autovía A-52, tomando a saída de Cortegada, pódese coller cara a Feá á dereita, Alongos á esquerda ou Toén de fronte.

Distancias dende as principais cidades de Galicia[editar | editar a fonte]

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo Total 2.635
Menores de 15 anos 190 (7.21%)
Entre 15 e 64 anos 1.621 (61.52%)
Maiores de 65 anos 824 (31.27%)

A poboación municipal sufriu grandes cambios durante o século XX. En 1900 Toén contaba con 3.881 habitantes, alcanzando o seu máximo poboacional en 1950 (4.369). A proximidade coa capital da provincia freou en certa medida unha emigración masiva como ocorreu noutros concellos. Porén, este feito non impediu un descenso paulatino da poboación desde 1950 até a actualidade.

Evolución da poboación de Toén (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 3.881  3.875  4.369  3.474  2.573  2.649  {{{7}}}  {{{8}}}  {{{9}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

Conta con restos arqueolóxicos do paleolítico na Piteira e O Loureiro (Moreiras).

Da época castrexa queda o castro de Trelle, situado a uns 600 m de altitude, na parroquia de Trelle. Desde el divísanse os vales do Miño e do río Arnoia. É un castro de dous recintos en forma de dúas terrazas ovaladas, superpostas e concéntricas cinguidas polos seus respectivos terrapléns.

O castro de Louredo está entre as parroquias de Mugares e Alongos (Freixendo), no límite co concello de Barbadás, emprazado no monte de Louredo. Nel acháronse numerosos útiles de pedra paleolíticos e neolíticos. Posteriormente foi un asentamento estratéxico na época castrexa, quizais formando parte doutros que controlaban o curso do Miño pertencentes á tribo dos "Coelerni" cuxa capital era Castromao, Celanova (Celanova). Descubriuse abundante cerámica indíxena e romana decorada na zona, así como dúas aras romanas (a Xúpiter e outra a Diana). Pola documentación medieval (tombo de Celanova) sabemos da existencia de varios mosteiros (santa Uxía "cara o porto dos abades" e san Vicente fundado como mosteiro particular polo converso Esgas (sería doado polo seu pai Fafila a san Rosendo no ano 952 xunto con varios lugares como Mugares e diversas terras) e un castelo en Louredo; este castelo sería doado polo rei ó bispo don Martín de Ourense, pasando a chamarse esta zona como Coto de Louredo, baixo este monte atópase o "pozo meimón" ou pozo maimón, onde foi asasinado o bispo de Ourense no século XV por Lope de Alongos e uns criados seus a instancias duns nobres (entre eles os Puga) dentro do contexto das guerras civís nobiliarias de finais do XV.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Xacementos arqueolóxicos: A Piteira[3] e O Loureiro (Moreiras) correspondientes ó Paleolítico.
  • Castro de Trelle: Situado ós seiscientos metros, na parroquia de Trelle, desde onde se divisan os vales do Miño e Arnoia. É un castro do Ferro II, con dúas terrazas ovaladas, superpostas e concéntricas cinguidas polos seus respectivos terraplens.
  • Castro de Louredo: Emprazado entre as parroquias de Mugares e Alongos (Freixendo) no monte Louredo(437 mts.), no límite co concello de Barbadáso. Foi un estratéxico asentamiento en época castrexa e altomedieval, nel aopouse abundante cerámica castrexa e romana,así como dúas aras romanas adicadas a Xúpiter e Diana(ambas no Museo Arqueolóxico de Ourense).Debaixo del atópase o "pozo Meimón", lugar do Milño no cal foi afogado o bispo de Ourense no século XV por Lope de Alongos,a soldo da familia Puga..
  • Igrexa de Santa María de Mugares:
  • Capela de San Xoan de Fondón:

Unha nave de planta rectangular. Muros de sillería granítica. Sinxela fachada con dous ocos rectangulares flanqueando a porta alintelada e unha soa espadana con arco de medio punto. Nos arredores da capela é costume que os veciños celebren as festividades en honor de San Xoán.

  • Pazo do Olivar:

Atópase na parroquia de Puga e é un dos máis característicos da provincia. A casa de Olivar pertencía a mediados do século XIX a Fernando de Puga (dono e señor de moitas terras e casas da comarca).

  • Hospital Psiquiátrico de Toén:

Foi inaugurado en 1959. Nel tiveron gran protagonismo os profesionais que traballaron no mesmo agrupados en torno á figura e a obra de Manuel Cabaleiro Goás. Aquí pasou algúns veráns a popular psicóloga ourensá Elena Ochoa iniciándose no mundo da psicoloxía aproveitando que Manuel Cabaleiro era amigo dos seus pais.

Festividades[editar | editar a fonte]

  • Festa de San Xoán (24 de xuño) en Fondón e Gradeira; Popular romería celebrada na alameda que existe ao redor da capela de san Xoán en Fondón.
  • Festa da Nosa Señora do Perpetuo Socorro, na segunda fin de semana de setembro, na Eirexa de Puga, na Parroquia de San Mamede de Puga.
  • Festa de San Pedro (29 de xuño) en Moreiras.
  • Festa da Nosa Señora dos Anxos (2 de agosto) en Trelle.
  • Festa de San Roque, do 16 ao 19 de agosto en Alongos.
  • Festa de Santo Antón, 6 e 7 de setembro en Toén.
  • Festa dos Remedios, 8 e 9 de setembro en Feá.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Toén.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Toén

Alongos (San Martiño) | Feá (Santa María) | Moreiras (San Pedro) | Mugares (Santa María) | Puga (San Mamede) | Toén (Santa María) | Trelle (Nosa Señora dos Anxos) | Xestosa (Santa María)

Lugares de Toén[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Toén vexa: Lugares de Toén.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Toén Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca de Ourense Comarca de Ourense
Amoeiro
Amoeiro
Barbadás
Barbadás
Coles
Coles
Esgos
Esgos
Nogueira de Ramuín
Nogueira de Ramuín
Ourense
Ourense
O Pereiro de Aguiar
O Pereiro de Aguiar
A Peroxa
A Peroxa
San Cibrao das Viñas
San Cibrao das Viñas
Taboadela
Taboadela
Toén
Toén
Vilamarín
Vilamarín