Chandrexa de Queixa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chandrexa de Queixa
Escudo de Chandrexa de Queixa
Situación
Situacion Chandrexa de Queixa.PNG
Xentilicio[1] Chandrexao (non oficial)
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Terra de Trives
Poboación 639 hab. (2010)
Área 171,8 km²
Densidade 4,07 hab./km²
Entidades de poboación 18 parroquias
Capital do concello
Política (2011)
Alcalde Francisco Rodríguez Rodríguez (PPdeG)
Concelleiros BNG: 0
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Outros: -
Eleccións municipais en Chandrexa de Queixa
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 97,22 %
Sitio web oficial
www.concellodequeixa.org

Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, no ano 2010 tiña 639 habitantes (854 en 2003).

Evolución da poboación de Chandrexa de Queixa - desde 1900 ata 2011 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011
 2.949  2.935  2.578  1.226  830  639  {{{7}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Censo Total 639
Menores de 15 anos 23 (3.59%)
Entre 15 e 64 anos 343 (53.67%)
Maiores de 65 anos 273 (42.72%)

Índice

[editar] Xeografía

O concello limita ao norte cos concellos de Castro Caldelas e San Xoán de Río (mediante a serra do Burgo), ao sur con Laza e Vilariño de Conso (serra de Queixa), ao leste con Pobra de Trives e Manzaneda, e ao oeste con Montederramo (serra de San Mamede). Ten 172,75 km².

Sitúase no Macizo Central Ourensán, e está atravesado polos ríos Requeixo, Deorelle, e Queixa, afluentes do río Navea. Os 35 núcleos de poboación están situados entre os 1.000 e os 1.200 metros de altitude. O concello está a 6 km da estación de esquí de Cabeza de Manzaneda.

Está comunicado a través da estrada OU-536.

Ten un clima de media montaña, con invernos moi fríos e veráns calorosos. As precipitacións non pasan de 1.100 mm por ano sufrindo unha moderada seca durante o verán. O chan é granítico cara ao leste e de lousa cara ao oeste. Sobre o subsolo hai unha capa de terra fértil, na que se asenta unha densa vexetación.

[editar] Historia

Os primeiros restos humanos atopados no concello datan da romanización, dado que a vía Nova do itinerario de Antonino bordeaba os terreos do concello.

O papa Alexandre III menciona nunha bula de 1163 o priorato de Vilar, como parte dos territorios do mosteiro de Montederramo. Na biblioteca do mosteiro consérvase documentación sobre cesións e doazóns do mosteiro e dos señores nobres, estando esta zona baixo o influxo do conde de Lemos e do conde de Ribadavia.

En 1580 Filipe II quitou o priorato ao mosteiro, pero impuxo aos veciños un imposto de 393 fanegas de pan a entregar ao mosteiro.

O concello de Chandrexa de Queixa foi creado mediante o Real Decreto do 23 de xullo de 1835, sendo variable a capital en función da residencia do alcalde, pero a vila máis importante era Chandrexa. En 1945 comezou a construción do encoro de Chandrexa de Queixa no río Navea, o que propiciou o medre da vila de Celeiros. En 1960 acordouse mediante referendo establecer a capitalidade en Celeiros.

[editar] Patrimonio

Entre a arquitectura relixiosa, ademais das igrexas parroquiais, destaca a capela e o cruceiro de Parafita.

Entre a arquitectura popular destacan os fornos de leña, como o das Forcadas, ou o Casal de Drados. En Celeiros destaca o Museo Etnográfico.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Chandrexa de Queixa

Cadeliña (San Pedro) | O Candedo (Santa María) | Casteligo (San Martiño) | Casteloais (San Pedro) | Celeiros (San Martiño) | Chandrexa (San Pedro) | Chaveán (San Bartolomeu) | Drados (Santo Isidoro) | Fitoiro (San Paio) | Fonteita (Santo André) | Forcadas (Santa María) | Parada Seca (Santa María) | Parafita (San Bartolomeu) | Queixa (Santa Cruz) | Rabal (Santa María) | Requeixo (Santa María Madanela) | San Cristovo (San Cristovo) | Vilar (San Cosme)

[editar] Lugares de Chandrexa de Queixa

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Chandrexa de Queixa vexa: Lugares de Chandrexa de Queixa.

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas