Beariz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Beariz (homónimos).
Beariz
Escudo de Beariz
Concello de Beariz.jpg
Casa consistorial
Situación
Situacion Beariz.PNG
Xentilicio[1]: Bearicense (non oficial)
Xeografía
Provincia: Provincia de Ourense
Comarca: Carballiño
Poboación: 1.285 hab. (2010)
Área: 56,0 km²
Densidade: 24,29 hab./km²
Entidades de poboación: 3 parroquias
Capital do concello:
Política (2011)
Alcalde: Manuel Prado López (PPdeG)
Concelleiros: BNG: 1
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 0
Outros: -
Eleccións municipais en Beariz
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 97,00 %
Sitio web oficial
www.beariz.org

Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2010 era de 1.285 persoas (1.477 en 2003).

Evolución da poboación de Beariz - desde 1900 ata 2010 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2010
 2.226  2.744  2.653  1.460  1.404  1.285
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Censo Total 1360
Menores de 15 anos 76 (5,58 %)
Entre 15 e 64 anos 763 (56,1 %)
Maiores de 65 anos 521 (38,31 %)

Índice

[editar] Xeografía

O concello limita ao norte co concello de Forcarei (provincia de Pontevedra), ao leste co Irixo e Boborás, ao sur con Avión e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra). Ten unha altitude media de 610 m, e as súas augas verten no río Avia, afluente do Miño, sendo os seus vales abertos e orientados cara ao sur, con máis horas de Sol. Os seus cumios máis altos son Marcofán (940 m), o alto da Ruza (868 m) e a cima de Santo Domingo (848 m, lindando con Trasdomonte, en Forcarei). Todos eles pertencen á serra do Suído.

[editar] Arqueoloxía

Monumento en Beariz

No concello consérvanse máis dunha ducia de mámoas, monumentos neolíticos tamén chamados antas. Destes restos provén o nome do lugar das Antas, lindante co concello do Irixo. Con menos de 20 casas, chegou a formar parte de tres parroquias (Lebozán, O Regueiro e O Regueiro) tres dioceses e tres concellos distintos (Beariz, Boborás e O Irixo).

Da idade do bronce non hai vestixios, pero puido ser moi rica e florecente, dada a cantidade de metal que existe nos montes de Beariz. Da idade do Ferro destaca o castro de Magros, onde se encontraron restos de cerámica e pedras de moer gran. Da romanización consérvase parte dunha calzada romana e unha ponte sobre o río Verdugo.

Na idade media, Beariz, ao igual que toda a Terra de Montes, foi gobernada polos arcebispos composteláns a través dos Xuíces-Merinos, nomeados por eles, e que tiñan a súa sede e residencia no castro de Montes, en San Miguel de Presqueiras, onde había unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas.

Na actualidade o concello sofre un proceso de retorno de emigrantes, especialmente de México. Moitos deles regresan con grandes capitais, tratándose este dun dos concellos coa renda per-capita máis alta de Galicia.

[editar] Recursos naturais

No concello hai minas de de volframio e estaño, se ben ningunha está activa na actualidade. Durante a Segunda Guerra Mundial, axentes dos dous bandos buscaban non só apropiarse do necesario para a fabricación de pezas de artillería, senón tamén deixar ao outro bando sen esas materias primas. Así, o volframio acadou prezos moi altos, aproveitando moitos comerciantes para cobrar grandes comisións, mudando moita xente o seu oficio polo de mineiro. No concello vendíase como propio volframio obtido nas minas de Silleda, onde os labradores venderan a súa terra.

As minas de estaño deron pé á industria dos fornos de fundición, fornos artesáns que fundían o metal misturado con pedra recollida nas minas da contorna para elaborar lingotes. Os propietarios mercaban directamente aos mineiros segundo a calidade do material e a forma de pago, pero sempre a un prezo moi superior ao marcado polo goberno.

A explotación das minas foi levaba a cabo non só por compañías, senón tamén por particulares, e nas escombreiras os nenos e mulleres recollían os restos do metal, que unha vez lavado no río achegaba ás familias unha axuda ben importante durante a posguerra.

[editar] Lugares de Beariz

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Beariz vexa: Lugares de Beariz.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Beariz

Beariz (Santa María) | Lebozán (Santa Cruz) | Xirazga (San Salvador)

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén


Concellos da Comarca do Carballiño Comarca do Carballiño
Beariz
Beariz
Boborás
Boborás
O Carballiño
O Carballiño
non temos escudo
O Irixo
Maside
Maside
non temos escudo
Piñor
non temos escudo
Punxín
non temos escudo
San Amaro
San Cristovo de Cea
San Cristovo de Cea
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas