Castrelo de Miño
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castrelo.
| Castrelo de Miño | |
|---|---|
| Encoro de Castrelo de Miño. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | Miñense (non oficial) |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Ourense |
| Comarca | Ribeiro |
| Poboación | 1.870 hab. (2010) |
| Área | 39,7 km² |
| Densidade | 49,90 hab./km² |
| Entidades de poboación | 7 parroquias |
| Capital do concello | Cortiñas |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Xurxo Rodríguez Méndez (BNG) |
| Concelleiros | BNG: 5 PPdeG: 2 PSdeG-PSOE: 1 Outros: 1 |
| Eleccións municipais en Castrelo de Miño | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 99,70 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.castrelo.org/ | |
Castrelo de Miño é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.
Índice |
[editar] Xeografía
Castrelo de Miño limita ó oeste co concello de Ribadavia, ao norte con Cenlle, ó leste con Toén, ó sur con Cartelle e A Arnoia. Abrangue una superficie de 39,7 km2 nos que acolle unha poboación de 1.928 habitantes (conforme o padrón de 2010, 2.044 en 2004), distribuídos nas parroquias de Astariz, Barral, Castrelo de Miño, Macendo, Ponte Castrelo, Prado de Miño e Vide de Miño. A capital municipal é o lugar de Barral, na parroquia de Barral (42º 17' 20" N- 8º 05' O ). Está adscrito ó partido xudicial de Ribadavia e á provincia e diocese de Ourense.
| Evolución da poboación de Castrelo de Miño - desde 1900 ata 2011 - | ||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 |
| 4.378 | 4.845 | 4.951 | 5.508 | 2.044 | 1.870 | {{{7}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||||
O río máis importante que atravesa o concello é o Miño.
[editar] Clima
Climaticamente atópase baixo un microclima mediterráneo. A temperatura media anual é de 14,9 °C e a precipitación anual media é de 790 mm. Distínguese unha área de terras baixas e outra coas montañas que rodean o val.
[editar] Historia
A historia de Castrelo de Miño, coñecido na Idade Media como "Castrum Minei", estivo ligada a un mosteiro dúplice, que pertenceu sucesivamente ao bispo de Ourense, á Orde de San Xoán de Xerusalén e á encomenda de Quiroga.
A igrexa de Santa María atópase ao pé da presa. No ano 947 era mosteiro de monxas, unha das súas máis destacadas abadesas foi dona Goto, a viúva do rei de Galicia Sancho Ordóñez. O rei de León, Sancho O Craso, foi envelenenado neste monasterio no ano 967. Esta igrexa mantén parte da torre románica e un ábsida semicircular do século XII. Conta cun arco triunfal de medio punto. No exterior hai relevos románicos. Gran parte da igrexa foi construida en 1763, en estilo barroco.
O río Miño marcou a actividade deste concello. Na Idade Media existiu unha ponte que se derrubou no século XVI, os seus servizos foron suplidos por unha barca. A construcción do encoro en 1969 por FENOSA que asolagou parte das terras do concello, levou consigo a oposición dos agricultores pola contía das indemnizacións, as consecuencias ambientais e a desaparición de terras fértiles.
[editar] Economía
A economía do concello depende de maneira maioritaria do sector primario (representa aproximadamente o 50% da poboación), máis concretamente do sector vitivinícola. A gandería ten pouco peso no concello e limítase a granxas porcinas provedoras da cooperativa COREN. O sector industrial representa un 20% da poboación activa, onde destaca algunha fabrica téxtil e o encoro de Fenosa. O sector servizos do concello limítase a cubrir as necesidades básicas.
[editar] Parque Náutico de Galicia
O Clube Náutico Castrelo de Miño é o Centro Náutico de referencia do interior de Galicia grazas á súa gran superficie de auga embalsada e as súas amplas e completas instalacións, reunindo as condicións idóneas para a práctica dos deportes náuticos.
O Clube Náutico Castrelo de Miño leva funcionando 18 anos e realízanse actividades deportivas con carácter turístico-recreativo e adestramento-competición, de vela, remo e piragüismo. Ofrécense cursos de iniciación e perfeccionamento todo o ano e realízanse competicións de carácter autonómico e estatal, polo que se converte nun lugar perfecto para gozar do deporte e a natureza.
[editar] Deportes
O Castrelo Club de Fútbol é o equipo do concello e de creación recente (2010), na tempada da súa estrea tan só sumou 12 puntos clasificando penúltimo no grupo XV da terceira autonómica galega. Na tempada 2010-2011 despois dun mal inicio, o equipo encadenou unha racha de victorias e conseguiu pasar da primera fase da Copa Deputación, caendo na rolda seguinte. Unha serie de malos resultados levaron á dimisión do entón adestrador José Alberte, facéndose cargo do mesmo Eduardo Pereiras. Finalmente rematou na décima posición mellorando considerablemente os rexistros da tempada anterior. Para a tempada 2011-2012 anunciouse a chegada dun novo adestrador ademáis de movementos nas entradas e saídas de xogadores.
[editar] Festas gastronómicas
- Festa de Nosa Señora das Neves - Barral - 4, 5 y 6 de Agosto: Dentro do programa das festas atópase a festa gastronómica da anguía.
- San Roque - Macendo - 15 y 16 de Agosto
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Castrelo de Miño.
[editar] Parroquias
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Castrelo de Miño | |
|---|---|
|
Astariz (Santa María) | Barral (Nosa Sra. das Neves) | Castrelo de Miño (Santa María) | Macendo (Santa María) | Ponte Castrelo (Santo Estevo) | Prado de Miño (Santa María) | Vide de Miño (San Salvador) |
[editar] Lugares de Castrelo de Miño
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castrelo de Miño vexa: Lugares de Castrelo de Miño.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.