A Mezquita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a parroquia do concello da Merca vexa A Mezquita
A Mezquita
Escudo de A Mezquita
Freguesía de Cádavos.jpg
Freguesía de Cádavos.
Situación
Situacion A Mezquita.PNG
Xentilicio[1] Mesquités
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Viana
Poboación 1.365 hab. (2009)
Área 104,3 km²
Densidade 13,26 hab./km²
Entidades de poboación 9 parroquias
Capital do concello
Política (2011)
Alcalde Rafael Pérez Vázquez (BNG)
Concelleiros BNG: 2
PPdeG: 1
PSdeG-PSOE: 2
Outros: 4
Eleccións municipais na Mezquita
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 99,28 %
Sitio web oficial
-

A Mezquita é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2009 era de 1.365 persoas (1.468 en 2003).

Evolución da poboación de A Mezquita - desde 1900 ata 2011 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011
 3.033  2.635  2.651  2.098  1.406  {{{6}}}  {{{7}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Xeografía

O concello limita ao oeste coa Gudiña, ao norte con Viana do Bolo, ao norleste e leste coa provincia de Zamora, e ao sur co distrito de Bragança (Portugal). A súa altitude media sobrepasa os 800 metros, o que dificultou historicamente un maior poboamento.

Entre os seus cumios destacan os Altos de Aguallal (1.664 m), Chao do Porco (1.469 m), Valdeinfantes (1.440 m), Portela da Canda (1.262 m), o Alto de Marabón (1.493 m), Castelo (1.362 m), Zureira (1.390 m), e a serra Esculqueira (1.149 m) e o Penedo dos Tres Reinos (1.025 m), estes dous na fronteira con Portugal.

Ten un clima de montaña, moi rigoroso en inverno, con constantes xeadas e baixas temperaturas. Por esta razón a zona é coñecida como Terra das Frieiras.

[editar] Historia

A historia da Mezquita estivo vencellada desde o megalítico á do norte de Portugal (Trás-os-Montes) e á de Sanabria, cos que compartiu a cultura predominante de vida pastoril.

Durante o período romano o territorio foi administrado polo goberno do Conventus Bracarensis, con capital en Bracara Augusta (actual Braga), agás un anaco da zona noroeste do concello, baixo a administración do Conventus Asturicensis, con capital en Asturica Augusta (actual Astorga).

Na época medieval, A Mezquita foi parte das terras dos condes de Monterrei e dos Pimentel de Benavente. Xunto con Cádavos, A Esculqueira, Manzalvos, O Pereiro e Santigoso, pasou a formar parte dun señorío real do cal a vila de Vilavella foi a cabeceira. A parroquia de Chaguazoso era señorío do conde de Amarante, en tanto que a igrexa e a casa-pazo da Mezquita estaban entre as posesións dos marqueses de Láncara.

Durante a idade contemporánea a emigración afectou fortemente á zona. En Santiago de Chile hai unha colonia de descendentes de habitantes da parroquia de Chaguazoso de preto de 400 persoas.

[editar] Administración local e eleccións

O alcalde actual é Rafael Pérez Vázquez do BNG. Sucedeu a José Luis Santamarina Ferro, do PSdeG, que gobernou en coalición co BNG tralas eleccións municipais de 2007. Este sucedeu no cargo a Francisco José Montesinos Rodríguez, que estivo na alcaldía entre 1995 e 2007.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Mezquita.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Mezquita

Cádavos (Santa María Madanela) | Castromil (Nosa Sra. da Encarnación) | Chaguazoso (Santiago) | A Esculqueira (Santa Eufemia) | Manzalvos (Santa María) | A Mezquita (San Martiño) | O Pereiro (San Pedro) | Santigoso (San Simón) | A Vilavella (Santa María da Cabeza)


[editar] Lugares da Mezquita

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Mezquita vexa: Lugares da Mezquita.

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas