Punxín
| Punxín | |
|---|---|
| Rúa transversal principal de subida á porta leste da croa no castro de San Cibrao de Las. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | punxinés |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Ourense |
| Comarca | Comarca do Carballiño |
| Poboación | 861 hab. (2009) |
| Área | 17,1 km² |
| Densidade | 50,35 hab./km² |
| Entidades de poboación | 6 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Manuel Vázquez Fernández (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 0 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 3 Outros: - |
| Eleccións municipais en Punxín | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,04% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.punxin.es/ | |
Punxín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal, en 2012 tiña 801 habitantes (956 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é punxinés.
Índice |
Poboación[editar]
| Evolución da poboación de Punxín (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 2.173 | 2.073 | 2.100 | 1.281 | 945 | 861 | 801 | |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
| Censo total (habitantes) | 801 |
| Menores de 15 anos | 46 (5,74 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 450 (56,18 %) |
| Maiores de 65 anos | 305 (38,08 %) |
Xeografía[editar]
O concello, de 17,1 km², abrangue seis parroquias. Está situado ao noroeste da provincia de Ourense, atravesado polo río Barbantiño.
Patrimonio[editar]
Consérvanse restos de poboados castrexos no monte de San Trocado e no castro de San Cibrao de Las, no límite co concello de San Amaro.
A igrexa de Vilela é de orixe románica, reformada no século XVIII, cunha soa nave e ábsida rectangular. Ten esculturas barrocas de San Pedro e dúas imaxes da Virxe das Dores e do Rosario, e un cáliz e un incensario de prata do século XVIII, deseñados por Piedra e Rañoi. Detrás do templo hai un cruceiro cun peto de ánimas no pé que conserva un capitel xónico.
A igrexas de Ourantes é románica, do século XII. É dunha soa nave e ten un retablo churrigueresco.
A igrexa de Punxín é do século XVII, e conserva restos góticos. No seu interior hai un sartego prerrománico, do século IX, atribuído a San Wintila. Ten unha custodia do século XVIII e unha cruz do XVII deseñada por Pescouber. No adro hai un cruceiro modernista.
A igrexa de Freás é do século XVIII, co retablo maior rococó e esculturas barrocas da Virxe das Candeas, San Roque e a Virxe das Dores. Na fachada hai unha figura gótica da Virxe co Neno.
A igrexa de Vilamoure é do século XVIII, e ten dúas obras de pratería atribuídas ao abade Miguel Pérez.
A igrexa de Barbantes é dos séculos XVIII e XIX, e no seu interior ten un retablo rococó con imaxes do barroco.
O pazo de Punxín ten a súa orixe no século XII. En Freás está o pazo do Souto.
Galería de imaxes[editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Punxín.
-
Vista xeral do Castro de San Cibrao de Las
-
Antecroa do Castro de San Cibrao de Las
Parroquias[editar]
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Punxín | |
|---|---|
|
Barbantes (Santiago) | Freás (Santa María) | Ourantes (San Xoán) | Punxín (Santa María) | Vilamoure (Santo Estevo) | Vilela (Santa María) |
Lugares de Punxín[editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Punxín vexa: Lugares de Punxín.
Notas[editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén[editar]
| Concellos da Comarca do Carballiño | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Beariz |
Boborás |
O Carballiño |
O Irixo |
Maside |
Piñor |
Punxín |
San Amaro |
San Cristovo de Cea |
||