Esgos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esgos
Escudo de Esgos
Esgos, 01-05.JPG
Casa do concello
Situación
Situacion Esgos.PNG
Xentilicio[1] esgosence (non oficial)
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Ourense
Poboación 1.234 hab. (2009)
Área 37,8 km²
Densidade 32,43 hab./km²
Entidades de poboación 7 parroquias
Capital do concello
Política (2011)
Alcalde Mario Rodríguez González (PPdeG)
Concelleiros BNG: 0
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 0
Outros: -
Eleccións municipais en Esgos
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 97,02 %
Sitio web oficial
http://www.concelloesgos.com/

Esgos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal, en 2009 tiña 1.234 habitantes (1.318 en 2003).

Evolución da poboación de Esgos - desde 1900 ata 2011 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011
 3.100  3.089  3.580  2.717  1.304  {{{6}}}  {{{7}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Censo Total 1.234
Menores de 15 anos 70 (5,67 %)
Entre 15 e 64 anos 732 (59,32 %)
Maiores de 65 anos 432 (35 %)

Índice

[editar] Xeografía

O concello de Esgos está situado ao norte da provincia de Ourense. Limita ao norte con Nogueira de Ramuín, ao sur con Paderne de Allariz e Maceda, ao leste con Xunqueira de Espadanedo e ao oeste co Pereiro de Aguiar. Ten 37,8 km² de superficie, e abrangue 7 parroquias.

Cara ao noroeste esténdense a Cabeza, con picos de 1.147 e 1.128 metros no límite con Nogueira de Ramuín. Cara ao leste está a serra dos Chairos (793 m) e os montes de Rocas, co Outeiro de Arcos (893 m) O Castelo (721 m) ou O Barbeirón, onde se asenta o mosteiro de Rocas. No pico do Birbiza (790 m) está o límite cos concellos de Paderne de Allariz e Maceda. No sueste está o alto do Couso (710 m).

O curso fluvial máis importante é o río Loña, afluente do río Miño en Ourense. Á súa vez, dous afluentes do Loña son o regato do Porto -que atravesa Lobaces e Gomariz- e O Grañal. O regato de Pazos que cruza a aldea de Esgos.

[editar] Historia

O topónimo vén dado polo rego de Esgos, citado na documentación de San Pedro de Rocas en 1007 e 1175 como rivulo Alesgos e en 1227 como Aesgus.

Durante a idade media esta zona estivo vinculada ao mosteiro de San Pedro de Rocas. Coa fin do antigo réxime e a constitución dos concellos estableceuse a capitalidade na aldea de Esgos, lugar de paso na estrada real cara a León, actual OU-536.

Oficios tradicionais desta zona son os de albardeiro, cordeleiro, sogueiro, afiador ou alfareiro.

[editar] Patrimonio

Entre o patrimonio do concello destaca o mosteiro de San Pedro de Rocas, recoñecido en 1923 como Ben de Interese Cultural.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Esgos.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Esgos

Esgos (Santa María) | Loña do Monte (San Salvador) | Os Pensos (San Pedro) | Rocas (San Pedro) | Santa Olaia de Esgos (Santa Olaia) | Triós (San Pedro) | Vilar de Ordelles (Santa María)

[editar] Lugares de Esgos

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Esgos vexa: Lugares de Esgos.

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas