San Paio de Abeleda, Castro Caldelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°23′22″N 07°26′55″W / 42.38944°N 7.44861°W / 42.38944; -7.44861

San Paio de Abeleda
Unha das fachadas de San Paio de Abelenda.jpg
Mosteiro de San Paio de Abeleda
Concello Castro Caldelas
Poboación 36 hab. (2011)
Entidades de poboación 8

San Paio de Abeleda é unha parroquia do concello de Castro Caldelas situada a 2 km da capital do concello. Etimoloxicamente o seu nome pode que proceda de Abeledo, co significado de terra de abeleiras. En 2011 tiña 36 habitantes (18 homes e 18 mulleres).

Patrimonio histórico e artístico[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Paio conserva unha portada con arco oxival apuntado sobre columnas acobadadas nas xambas. Decórase con relevos aos lados baixo doseletes, posiblemente de finais do século XIV.

Próximo á igrexa atópase o Mosteiro de San Paio de Abeleda, un dos principais da provincia ata o seu abandono trala desamortización. Na actualidade atópase en situación de abandono e ruína. A pesar de todo aínda pódese contemplar a ampla igrexa, cunha ábsida oxival.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Paio de Abeleda[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Paio de Abeleda no concello ourensán de Castro Caldelas

O Couto | O Ivedo | Pousada de Abaixo | San Miguel | Santiurxo | Soutelo | A Tapada | Valverde

Parroquias de Castro Caldelas[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Castro Caldelas

Alais (San Pedro) | O Burgo (San Pedro) | Camba (San Xoán) | Castro Caldelas (San Sebastián) | Folgoso (Santiago) | Mazaira (Santa María) | Paradela (San Vicenzo) | Pedrouzos (San Mamede) | Poboeiros (San Xoán) | San Paio de Abeleda (San Paio) | Santa Tegra de Abeleda (Santa Tegra) | Sas de Penelas (San Fiz) | Trabazos (Santa Olaia) | Tronceda (Santiago) | Vilamaior de Caldelas (Santa María) | Vimieiro (San Xoán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]