23 de xaneiro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Dec - Xaneiro - Feb | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
| Os 366 días do ano | ||||||
O 23 de xaneiro é o 23º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 342 días para finalizar o ano, 343 nos anos bisestos.
22 de xaneiro < 23 de xaneiro < 24 de xaneiro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1677: Carlos II de España e a raíña nai nomean primeiro ministro a Juan José de Austria.
- 1719: Creación do Principado de Liechtenstein
- 1731: Subscríbese un novo Tratado de Viena, polo que Austria, Inglaterra e España se alían para lograr que Carlos III obteña a sucesión ao trono de Nápoles e Sicilia.
- 1799: Os republicanos franceses denominan República Partenopea ao antigo reino de Nápoles.
- 1810: Os franceses avanzan doadamente por Andalucía e neste día apodéranse de Jaén e Córdoba.
- 1822: Promúlgase en España a Lei de Beneficencia.
- 1855: O Goberno español anuncia ás Cortes a ruptura de relacións coa Santa Sé.
- 1878: O rei Afonso XII contrae matrimonio coa infanta María de las Mercedes de Orleans e Borbón, en Madrid.
- 1896: Wilhelm Röntgen descobre os raios X.
- 1902: A explosión en Vigo dunha caldeira do canoneiro Cóndor causa dous mortos e cinco feridos.
- 1910: Un terremoto causa a morte a máis de 5.000 persoas na provincia iraniana de Leristán.
- 1918: Con motivo das restricións alimentarias comeza a funcionar en Francia a cartilla de pan, que só dá dereito a 300 g por día.
- 1920:
- O Goberno holandés négase a conceder a extradición do ex emperador alemán Guillerme II, alegando que non figuraba entre os asinantes do Pacto de Versalles.
- Estréase en Barcelona a obra La de san Quintín, de Benito Pérez Galdós.
- 1928: Rusia e Xapón asinan un acordo pesqueiro que garante ao país nipón a pesca en augas rusas do océano Pacífico.
- 1931: Por acordo entre España e Portugal quedan abolidos os pasaportes entrambos países.
- 1932: Disólvese en España a Compañía de Xesús cuxos bens son expropiados.
- 1933: Unha declaración do xefe de goberno Molotov subliña a vontade de paz da URSS.
- 1935: Asínase un tratado entre Xapón e Manchuria sobre a venda a Manchuria do ferrocarril chinés oriental.
- 1943:
- Os británicos toman Trípoli, na Libia dos nazis, na Segunda Guerra Mundial
- Winston Churchill e Theodore Roosevelt adoptan na Conferencia de Casablanca o principio de "rendición incondicional" e unha serie de accións militares para evitar un futuro rexurdimento militar alemán.
- Unidades británicas ocupan Trípoli.
- 1948: Dwight Eisenhower négase a presentarse como candidato ás eleccións presidenciais de Estados Unidos.
- 1949: Os conservadores xaponeses conseguen unha maioría parlamentaria absoluta.
- 1950: Xerusalén é declarada capital do Estado de Israel polo Parlamento Israelí.
- 1952
- Restablécese o corpo de Mossos d'Esquadra da Deputación de Barcelona.
- A República Federal de Alemaña e España asinan un acordo social para concertar un intercambio mutuo de produtores.
- 1954: O escritor estadounidense Ernest Hemingway sobrevive a dous accidentes de aviación, ocorridos en dous días consecutivos.
- 1956: O primeiro ministro soviético Nikolai Bulganin propón un tratado de amizade, nunha carta dirixida ao presidente Dwight Eisenhower.
- 1958: En Venezuela, é derrocada a ditadura do xeneral Marcos Pérez Jiménez por medio dun golpe militar.
- 1960: O físico suízo Jacques Piccard, fillo de Auguste Piccard, acada unha profundidade de 10.970 m na Fosa das Marianas a bordo dunha batisfera, .
- 1961: Apróbase a Constitución de Venezuela, vixésima sexta dende que se conseguiu a independencia.
- 1971: Lánzase o satélite orbital Óscar 5.
- 1975: Mídese por primeira vez o tamaño dun asteroide, Eros.
- 1979: A ofensiva da Fronte Polisario no Sáhara causou 800 baixas no Exército marroquí.
- 1981: A sentenza de morte pronunciada contra o xefe da oposición surcoreana, Kim Dae yung, é trocada por cadea perpetua.
- 1983: O tenista sueco Björn Borg, pentacampeón de Wimbledon, explica as razóns da súa retirada da alta competición.
- 1985: Por primeira vez en España, militares dos dous exércitos combatentes na Guerra Civil participan conxuntamente nun acto de homenaxe aos soldados españois falecidos en contenda.
- 1986:
- Morren 38 persoas no incendio dun hotel de luxo en Nova Delhi (India).
- Bradford A. Smith descobre a lúa do planeta Urano, Bianca, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2.
- 1989: Autorízase en Estados Unidos o primeiro transplante de xenes a humanos para tratar o cancro.
- 1995: Gregorio Ordóñez, candidato polo PP á alcaldía de San Sebastián, é asasinado pola banda terrorista ETA en San Sebastián dun tiro na cabeza.
- 2003
- Máis de 5.100 civís e militares traballaron nas praias afectadas polo vertido do fuel do Prestige.
- Un batiscafo intenta pechar a única fuga que non se pechou na proa do Prestige.
- A Xunta de Galicia aproba ou plan de dinamización económica-plan Galicia, cun investimento de 1.663 millóns de euros para 2003/2006.
[editar] Nacementos
- 1783: Stendhal, (Marie Henri Beyle), escritor francés.
- 1832: Edouard Manet, pintor impresionista francés.
- 1862: David Hilbert, matemático e filósofo alemán.
- 1870: William G. Morgan, inventor do voleibol.
- 1898: Serguéi Eisenstein, director de teatro e cine ruso.
- 1899: Humphrey Bogart, actor estadounidense.
- 1903: Jorge Eliécer Gaitán, político colombiano.
- 1907: Hideki Yukawa, físico xaponés, premio Nobel de Física en 1949.
- 1910: Django Reinhardt, guitarrista de jazz e compositor belga.
- 1913: Jean-Michel Atlan, pintor francés.
- 1915: Arthur Lewis, Premio Nobel de Economía en 1979.
- 1917: Noël Salomon, historiador francés.
- 1928: Jeanne Moreau, actriz francesa.
- 1930: Derek Walcott, escritor antillano.
- 1938:
- 1941: Fernando Barragán, cirurxián español.
- 1944: Rutger Hauer, actor, coñecido polo papel de replicante en Blade Runner.
- 1946: Arnoldo Alemán, político e presidente de Nicaragua.
- 1950: Luís Alberto Spinetta, músico e compositor arxentino.
- 1952: Ángela Carrasco, cantante dominicana.
- 1956: Ángela Molina, actriz española.
- 1957: Carolina Grimaldi, princesa de Mónaco.
- 1968: Ricardo Molina Tenor, poeta español.
- 1969: Ariadna Gil, actriz española.
[editar] Mortes
- 1516: Fernando de Aragón, un dos Reis Católicos.
- 1622: William Baffin, explorador inglés.
- 1648: Francisco de Rojas Zorrilla, dramaturgo español.
- 1744: Giambattista Vico, filósofo italiano.
- 1792: Joshua Reynolds, pintor inglés.
- 1806: William Pitt, político británico.
- 1883: Paul Gustave Dourei, pintor e gravador francés.
- 1889
- Alexandre Cabanel, pintor francés.
- Ignacio Domeyko, xeólogo e mineraloxista polaco que viviu a maior parte da súa vida en Chile.
- 1893: José Zorrilla, dramaturgo español.
- 1928: María Guerrero, actriz española.
- 1931: Anna Pavlova, bailarina rusa.
- 1938: Ismael Enrique Arciniegas, escritor e político colombiano.
- 1944: Edvard Munch, pintor noruegués.
- 1947: Pierre Bonnard, pintor francés.
- 1956: Alexander Korda, cineasta e produtor británico de orixe húngara.
- 1976: Erminio Blotta, escultor arxentino.
- 1977: Óscar Hurtado, escritor cubano, pai da ciencia fición cubana.
- 1983: George Cukor, Director de cine estadounidense.
- 1986: Joseph Beuys, artista alemán.
- 1989: Salvador Dalí, pintor español.
- 1990: Galo Leoz Ortín, oftalmólogo español.
- 2001: Curro Rivera, toureiro mexicano.
- 2002: Pierre Bourdieu, sociólogo francés.
- 1989: Salvador Dalí, pintor catalán
[editar] Santoral
- San Ildefonso
[editar] Festas e celebracións
[editar] Outros
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro