15 de marzo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Feb - Marzo - Abr | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
| Os 366 días do ano | ||||||
O 15 de marzo é o 74º día do ano do calendario gregoriano e o 75º nos anos bisestos. Quedan 291 días para finalizar o ano.
14 de marzo < 15 de marzo < 16 de marzo
Índice |
[editar] Acontecementos
- -44 - Idus de Marzo: Xulio César é asasinado por un grupo de senadores romanos
- 1493 - Cristovo Colón desembarca en Palos de la Frontera tras o descubrimento de América.
- 1525 - Bula de Clemente VII autorizando a Alonso III Fonseca á creación dun colexio en Santiago de Compostela, que había de dar orixe á Universidade Compostelá.
- 1916 - O Presidente estadounidense Woodrow Wilson envía 12 mil soldados americanos ó outro lado da fronteira mexicana en procura de Pancho Villa.
- 1922 - O Partido Comunista de España celebra o seu primeiro congreso. Elíxese como secretario xeral a Antonio García Quejido
- 1939 - Checoslovaquia pasa a ser "protectorado alemán" de Bohemia e Moravia tras a ocupación de Praga polos alemáns.
- 1957 - Créase en Santo Domingo a Organización de Estados Iberoamericanos (OEI).
- 1972 - Estrea da película O padriño.
- 1986 - Prodúcese o axustamento á estación orbital "Mir" da nave espacial soviética "Soiuz T-15".
- 1990 - Fernando Collor de Mello é elixido presidente de Brasil.
- 1992 - CiU obtén, por terceira vez consecutiva, a maioría absoluta nas eleccións ó Parlamento de Cataluña .
- 1994 - Estados Unidos e Rusia chegan a un acordo para permitir a supervisión mutua do desmantelamento do seu armamento nuclear.
- 1996 - Teodoro Obiang, presidente de Guinea Ecuatorial, é investido Xefe de Estado.
[editar] Nacementos
- 1713 - Nicolas Louis de Lacaille, astrónomo francés.
- 1767 - Andrew Jackson, presidente de Estados Unidos.
- 1854 - Carolina Michaëlis de Vasconcelos, filóloga portuguesa.
- 1854 - Emil Adolf von Behring, un dos fundadores da sueroterapia, Premio Nobel de Medicina en 1902.
- 1916 - Blas de Otero, poeta en lingua castelá.
- 1920 - E. Donnall Thomas, primeiro en realizar un transplante de medula ósea.
- 1941 - Michael Love, roqueiro, The Beach Boys (Vocal).
- 1946 - Howard Scott, disco, War (Vocal e Guitarra).
- 1957 - Juan José Ibarretxe, lehendakari do País Vasco.
- 1960 - Enrique Urquijo, músico español.
- 1965 - Begoña Paz, escritora galega.
- 1971 - Mark McGrath, roqueiro, Sugar Ray (Vocal).
- 1972 - Mark Hoppus, roqueiro, Blink-182 (Bajo).
- 1975 - Will.I.Am, rap, Black Eyed Peas.
- 1989 - Caitlin Wachs, actriz, Air Bud.
[editar] Mortes
- 44 aC - Xulio César, político e militar romano.
- 1930 - Miguel Primo de Rivera, ex-ditador español, en París.
- 1937 - H.P. Lovecraft, escritor norteamericano.
- 1962 - Arthur Compton, físico estadounidense, Premio Nobel de Física en 1927.
- 1975 - Feisal, rei de Arabia Saudí.
- 1975 - Aristóteles Onassis, magnate grego.
- 1983 - Josep Lluís Sert, arquitecto español.
- 1990 - Orlando Pelayo, pintor da Escola Española de París.
- 2002 - Rudolf Hell, inventor dos precursores do facsímile, o escáner e outros aparellos para a transmisión electrónica de textos e imaxes, faleceu ós 100 anos en Kiel (Alemaña).
- 2004 - John Pople, químico británico que recibiu o Premio Nobel en 1998.
[editar] Festas e celebracións
[editar] Outros
- Santoral: Raimundo de Fitero, Sisebuto, Adiuto, Probo abades; Lonxinos, Aristóbulo, Menigno, Nicandro, Matrona (ou Madrona), Leocricia, mártires; Zacarías, papa; Clemente María Hofbauer, confesor; Especioso, monxe; Luísa de Marillac, fundadora.
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro