Mércores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

O mércores, corta feira, ou cuarta feira[1] é o terceiro día da semana. O termo "mércores" vén do latín Mercurii (dies) ou día de Mercurio, deus romano do comercio e mensaxeiro dos deuses, e os termos "corta feira" e "cuarta feira" proceden do latín quarta feria (ou feria quarta).

Nomes noutras linguas:[editar | editar a fonte]


Lingua Nome Significado
Alemán Mittwoch O Medio da Semana
Búlgaro Cpяда/Sriada O Medio da Semana
Catalán Dimecres Día de Mercurio
Checo Středa O Medio da Semana
Chinés Tradicional 星期三/Xīng Qī Sān Tres da Semana
Español
Miércoles Día de Mercurio
Eusquera
Asteazken O Último da Semana
Francés
Mercredi Día de Mercurio
Holandés
Woensdag Día de Woden
Inglés
Wednesday Día de Woden
Irlandés Dé Chéadaoin O Primeiro Xaxún da Semana
Islandés Miðvikudagur O Medio da Semana
Italiano
Mercoledì Día de Mercurio
Noruegués
Onsdag Día de Óðinn
Quechua
Qoyllor P'unchay Día do Luceiro
Portugués
Quarta-feira Cuarto día
Romanés Miercuri Día de Mercurio
Ruso
Среда/Sreda Día do Medio
Xaponés
水曜日/Suiyoubi Día da Auga

O mércores na cultura popular[editar | editar a fonte]

Nalgunhas bisbarras evítase mata-lo porco en mércores porque se cre que mingua a carne.

Os días que levan ‘r’ (martes, mércores e venres) son considerados de mal agoiro e aconséllase non facer negocios neses días.

Cantigueiro[editar | editar a fonte]

  • Hoxe é luns, mañán é martes, / cuarta feira logo vén, / de mañán en oito días / éche a semana que vén.
  • O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa.

Notas[editar | editar a fonte]

Días da semana:[editar | editar a fonte]

Luns ~ Martes ~ Mércores ~ Xoves ~ Venres ~ Sábado ~ Domingo

Palabras relacionadas:[editar | editar a fonte]

Calendario Día Semana Mes Ano