2 de febreiro
| Xan - Febreiro - Mar | ||||||
| Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | ||||||
| Os 366 días do ano | ||||||
O 2 de febreiro é o 33º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 332 días para finalizar o ano, 333 nos anos bisiestos.
1 de febreiro < 2 de febreiro < 3 de febreiro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1848 - Termina a guerra entre os Estados Unidos e o México, coa sinatura do Tratado de Guadalupe-Hidalgo
- 1920 - Estonia declárase independente de Rusia
- 1943 - As últimas tropas alemás réndense aos soviéticos despois da Batalla de Stalingrado, na Segunda Guerra Mundial
- 1971 - Apróbase o Convenio relativo ás Zonas Húmidas de Importancia Internacional especialmente como Hábitats de Aves Acuáticas, máis coñecido como Convención de Ramsar por se-la cidade iraní onde se asinou.
[editar] Nacementos
- 1827 - Francisco María de la Iglesia, xornalista e escritor galego.
- 1882 - James Joyce, escritor irlandés (m. 1941).
- 1915 - Abba Eban, político e diplomático israelí (m. 2002).
- 1962 - Luís Iglesia, actor galego.
- 1977 - Shakira, cantante colombiana.
[editar] Mortes
- 1809 - Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés, marqués de Sargadelos.
- 1928 - Enrique Zas, xornalista e escritor galego.
- 1970 - Bertrand Russell, matemático e filósofo británico.
- 1979 - Sid Vicious, cantante da banda de punk rock inglesa Sex Pistols
[editar] Festas e celebracións
- Día Mundial das Zonas Húmidas, en conmemoración da data na que se aprobou a Convención de Ramsar sobre Zonas Húmidas de Importancia Internacional.
Neste día celébrase o Día das Candeas ou Día da Candeloria (forma galega que foi substituída no uso pola castelá Candelaria). Existe o costume de bendeci-las candeas na misa que se celebra neste día, candeas que logo se gardan na casa como protección contra o trono e para axudar a ben morrer ós moribundos, a quen se lles pon unha na man xunto a outras cousas santas.
Tamén é tradicional ver neste día unha festa do amor entre os paxaros (Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola). En San Domingos de Bonaval celebrábase unha misa na que casaban dúas pombas, que se ceibaban ó rematar.
O tempo que faga o día da Candeloria prognostica o que vai facer: Se treboa de entre a Candeloria e a Anunciación, corenta días máis de inverno son.
[editar] Outros
- Santoral: A Presentación do Señor; Nosa Señora da Candelaria; Nosa Señora da Purificación; San Cornelio, centurión; San Lourenzo, bispo; San Cándido, mártir.
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro