Pierre Bonnard
Pierre Bonnard (Fontenay-aux-Roses, Altos do Sena en Francia, 3 de outubro de 1867 - Le Cannet, Var en Francia, 23 de xaneiro de 1947) pintor, ilustrador e litógrafo francés, que adicou o seu talento á publicidade e á produción artística.
Adóitaselle incluír dentro do movemento dos Nabis con Paul Sérusier, Maurice Denis, Paul Ranson, Edouard Vuillard, Xavier Roussel ou Félix Vallotton, influídos por Paul Gauguin e o xaponismo. A súa produción tardía considérase precursora da pintura abstracta, polo menos nalgunha das súas variantes.
Moi especialmente marcado pola tendencia dos Nabis, que teñen unha concepción diferente da perspectiva e do espazo que se atopa en kakemono, Pierre Bonnard adquire entón o alcume de "Nabi xaponard". Este movemento tiña tamén por características a exaltación da cor, a simplificación da forma e a sublimación do cotián, ao cal os Nabis danlle un carácter atemporal.
Índice |
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Paxina do museo Museo Thyssen-Bornemisza en Madrid sobre Pierre Bonnard.
- Paxina en castelan sobre Pierre Bonnard