Urano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
UranoUranus symbol.svg
Urano, imaxe dende a Voyager 2, o día 10 de xaneiro de 1986.
Descubrimento
Descuberto por William Herschel
Descuberto o 13 de Marzo de 1781
Características orbitais
Semieixo maior 2.870.972.200 km
Excentricidade 0,04716771
Período orbital 84a 3d 15,66h
Período sinódico 369,7 dias
Velocidade orbital media 6,8352 km/s
Inclinación orbital 0,76986°
Número de satélites 27
Características físicas
Diametro ecuatorial 51,724 km
Área superficial 8.130.000.000 km²
Masa 8,686×1025 kg
Densidade media 1,29 g/cm³
Aceleración gravítica
á superficie
8,69 m/s²
Período de rotación -17h 14m
Inclinación axial 97,86°
Albedo 0,51
Velocidade de escape 21,29 km/s
temp. 55 K
Temperatura
á superficie
min med max
59 K 68 K N/A K
Características atmosféricas
Presión atmosférica Varía coa profundidade
Hidróxeno 83%
Helio 15%
Metano 1,99%
Amonio 0,01%
Etano 0,00025%
Acetileno 0,00001%
Monóxido de carbono
Sulfuro de hidróxeno
Vestixios

Urano é un planeta do Sistema Solar situado entre Saturno e Neptuno. Descuberto en 1781, recibiu o nome de Georgium Sidus, en homenaxe ao rei Xurxo III do Reino Unido. Durante moito tempo coñeceuse como Georgian ata que, finalmente en 1850, foi rebatizado como Urano, de acordo coa tradición de dar nome de deuses aos planetas. É o 7.º na orde das distancias ao Sol.

Índice

Órbita [editar]

Unha curiosidade deste planeta digna de destacar é a súa inclinación axial próxima aos 90º, ou sexa, Urano practicamente xira "deitado", estando súas rexións ecuatoriais moi expostas á luz e mais á enerxía solar. O que aínda permanece sen explicación clara é o feito de que as temperaturas destas rexións non sexan menores que as que se rexistran nos polos, máis expostos á radiación solar en función da inclinación axial. É probable que haxa algún tipo de xeración de calor e que a dinámica atmosférica deste planeta promova dalgún xeito o quecemento das rexións ecuatoriais, mais ata o momento non hai consenso entre os científicos.

Satélites [editar]

Ten 27 satélites arredor de si e mais un fino anel de po. O seu diametro é de preto de 51.000 km, isto é, 4 veces superior ao da Terra.

Os nomes dos satélites de Urano foron extraídos de personaxes da peza O soño dunha noite de San Xoán, de William Shakespeare: Oberón, Titania, Umbriel, Ariel, Miranda, Puck, Portia, Xulieta, Crésida, Rosalinda, Belinda, Desdémona, Cordelia, Ofelia e Bianca.

Os astrónomos localizaron cinco deles entre 1787 e 1848. A misión espacial Voyager detectou os outros dez en 1985 e 1986.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: