Foxa das Marianas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 11°21′N 142°12′E / 11.350°N 142.200°E / 11.350; 142.200

A Foxa das Marianas no mapa.

A foxa das Marianas é a máis profunda foxa mariña coñecida, e é o lugar máis profundo da codia terrestre. Localízase no fondo do Pacífico norte-occidental, ao leste e sur das Illas Marianas, preto de Guam.

Exploración[editar | editar a fonte]

A foxa foi visitada por primeira vez en 1951 pola fragata da Mariña Real Británica o Challenger, que dá o nome á parte máis profunda da foxa, o Abismo Challenger. Usando ecolocalización, mediuse unha profundidade de 10.902 m en 11°19′N 142°15′E / 11.317°N 142.250°E / 11.317; 142.250.

En 1957, a nave sovietica Vityaz reportou unha profundidade de 10934 metros. En 1962, o M.V. Spencer F. Baird rexistrou unha profundidade de 10.902 metros.

O batiscafo Trieste antes da inmersión, 23 de xaneiro de 1960.

Pero non foi senón ata o 23 de xaneiro de 1960, que se descendeu por primeira e única vez, usando un batiscafo chamado Trieste invención de Auguste Piccard, o cal era capitaneado por Jacques Piccard, fillo do primeiro, para dese xeito superar os efectos da gran presión que existe a devanditas profundidades. Os sistemas de a bordo indicaban unha profundidade de 11.521 m, que despois foi revisada e resultou ser de 10.902 metros[1].

Na foxa atopáronse unha lura xigante e varias especies descoñecidas entón.

A presión no fondo da foxa é de 1.086 bares.

Notas[editar | editar a fonte]

Océano Pacífico