Xoves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

O Xoves é o cuarto día da semana. O nome "Xoves" vén do latín iovis (dies) ou día de Xúpiter, deus supremo romano. Durante os últimos anos desprazou en moitos falantes o nome orixinal galego Quinta-feira por influencia do nome castelán de onde foi introducido na lingua.

Índice

Nomes noutras linguas: [editar]


Lingua Nome Significado
Alemán Donnerstag Día de Donar
Búlgaro Четвъртък/Tschetvartak O Cuarto da Semana
Catalán Dijous Día de Xúpiter
Checo Čtvrtek O Cuarto da Semana
Chinés Tradicional 星期四/Xīng Qī Sī Catro da Semana
Español
Jueves Día de Xúpiter
Eusquera (vasco)
Ostegun Día de Ortzi/Ost
Francés
Jeudi Día de Xúpiter
Holandés
Donderdag Día de Donar
Inglés
Thursday Día de Thor
Irlandés Dé ardaoin O Día entre dous Xaxúns
Islandés
Fimmtudagur Quinto Día
Italiano
Giovedì Día de Xúpiter
Noruegués
Torsdag Día de Thor
Quechua
Illa P'unchay Día da Luz ou do Resplandor
Portugués
Quinta-feira Quinto Día
Romanés Joi Día de Xúpiter
Ruso
Четверг/Chitvierg Cuarto Día
Xaponés
木曜日/Mokuyoubi Día das Árbores

O xoves na cultura popular [editar]

Algúns conservan o resto do cirio que iluminou o sagrario durante os oficios do Xoves Santo pois cren que se se acende ten a virtude de disipa-las treboadas.

Para diagnostica-lo enganido (raquitismo) dun meniño, ponse un vaso de auga na súa cabeza e bótanse nove pingas de cera do cirio do Xoves Santo. Se as nove pingas se xuntan significa que o meniño ten o mal. Para curalo, xuntan a auga de nove fontes e botan nela follas de xaro, bañando despois ó meniño nela.

Fraseoloxía [editar]

  • ¡Sempre no medio, coma o xoves!
  • Ser máis atravesado que un xoves.

Refraneiro [editar]

  • O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa.

Días da semana: [editar]

Luns ~ Martes ~ Mércores ~ Xoves ~ Venres ~ Sábado ~ Domingo

Palabras relacionadas: [editar]

Calendario. Día. Semana. Mes. Ano.