Mes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un mes é unha unidade de tempo en que se dividen os anos e que se compón dunha cantidade variable de días, entre 28 e 31.

Relación coas fases lunares[editar | editar a fonte]

A duración dun mes é aproximadamente a mesma que o período de movemento da Lúa, en termos de fases lunares, que duran aproximadamente 29,53 días.

Os investigadores consideran, a partir do achado en excavacións de paus marcados, que xa no Paleolítico as culturas humanas contaban os días en relación ás fases da lúa, utilizando os paus coma calendarios lunares.

Cantidade de días[editar | editar a fonte]

No calendario gregoriano e mais no calendario xuliano, os meses teñen unha cantidade de días que varía entre 28 e 31:

Truco[editar | editar a fonte]

Algunhas persoas teñen dificultade en dicir rapidamente a cantidade de días que ten cada mes; existe un dito popular que pode axudar:

Trinta días ten novembro,
con abril, xuño e setembro,
con 28 hai só un,
e o resto trinta e un.

Outro truco doado é pechar a man e relacionar os meses a cos ósos do puño que sobresaen a modo dunha cordilleira. Comezando por xaneiro, os meses que caen no alto teñen 31, e os que caen no baixo teñen 30, coa excepción do mes de febreiro que ten 28 ou 29 días.

Denominacións populares[editar | editar a fonte]

En Galicia, algúns meses reciben unha ou varias denominacións populares relacionadas coas faenas agrícolas que se realizaban nesas datas ou con algunha festividade de especial relevancia que se celebrase nese mes.

  • Febreiro: mes da Candeloria.
  • Marzo: marzal.
  • Maio: mes de María
  • Xuño: San Xoán.
  • Xullo: Santiago, mes da sega, ou da seitura.
  • Agosto: mes da Nosa Señora e mes de Santa María (por celebrarse o día 15 o día de Santa María), mes da sega, ou da seitura.
  • Outubro: outono, mes do rosario.
  • Novembro: Santos (polo Día de Tódolos Santos), mes morto, mes dos mortos ou mes das ánimas (polo Día de Defuntos), San Martiño (que se celebra o 11 deste mes.
  • Decembro: Nadal ou Natal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Unidades de tempo
femtosegundo | picosegundo | nanosegundo | microsegundo | milisegundo | segundo
minuto | hora | día | semana | mes | ano | lustro | década | século | milenio | cron | eón