Sergei Eisenstein
| Este artigo precisa dunha revisión ortográfica (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Pode axudarse do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Sergei Mijailovich Eisenstein (en ruso Сергей Михайлович Эйзенштейн), nado en Riga, Letonia, o 23 de xaneiro de 1898 e finado o 11 de febreiro de 1948, foi un director de cine e teatro soviético. A súa innovadora técnica de montaxe serviu de inspiración a moitos cineastas actuais.
Índice |
Biografía[editar]
Inicios[editar]
Con 25 anos puxo fin á súa carreira teatral ó ver a artificiosidade do resultado na súa montaxe de Máscaras de gas, onde, segundo as súas propias palabras "o carro rompeuse en pedazos e o conductor caeu de cabeza no escenario". Isto fixo que deixara o teatro e se centrara no medio que lle deu prestixio internacional, o cine.
Eisenstein foi un pioneiro do uso da edición no cine. Para Eisenstéin a edición non era un simple método utilizado para enlazar escenas, senón un medio capaz de manipular as emocións da súa audiencia. Logo dunha longa investigación sobre o tema desarrollou o que chamaría montaxe. As súas publicacións ó respecto serían logo de gran influencia para varios directores de Hollywood.
Eisenstein non utilizaba actores profesionais para as súas películas. As súas narrativas evitaban o individualismo, sendo dirixidas a cuestións máis amplas da sociedade, especialmente a conflictos de clases. Os seus actores adoitaban ser persoas sen adestramento no campo dramático tomadas de ámbitos sociais adecuados para cada papel.
A súa principal mensaxe política baseouse na organización, a participación e a loita "como queiras quero."
Os seus ideais comunistas conducíronno en varias ocasións a conflictos con oficiais do réxime de Stalin. Stalin era consciente do poder do cine como medio de propaganda, e considerou a Eisenstein como unha figura controvertida. A súa popularidade acreceuntouse máis tarde co éxito das súas películas, entre elas O acoirazado Potemkin (1925), considerada unha das mellores películas de tódolos tempos.
A súa etapa estadounidense[editar]
En 1928 inicia unha xira de dous anos por Europa (Berlín, Zúric, Londres e París) para aprender técnicas sobre o son no cinema e para facer chegar as obras soviéticas. En 1930 un directivo da Paramount Pictures viaxou ata París e convenceu a Eisenstein paraa asinar un contrato e rodar en Hollywood, onde chegaría a cobrar ata 900 dólares á semana. Foi recibido en Nova York como un xenio, pero pronto se dedicaría a dar conferencias nas Universidades de Columbia e Harvard. Pouco antes de marchar a Hollywood, estrenouse nun cine de Arte e Ensaio de Nova York a súa película A liña xeral, e os directivos da Paramount Pictures se puxeron bastante nerviosos ó ver as súas ideas sobre a colectivización e o comunismo.
Ó entrar nos Estados Unidos tivo que xurar respeto á Constitución estadounidense, pero sufriu distintas presións para que non usase a súa gorra típica e para que non levase barba.
Cando lle presentaron ás diversas estrelas de Hollywood estivo distante, agás cando coñeceu a Charles Chaplin e a Coleen Moore.
O primeiro guión que escribiu para a Paramount, Sutter's Gold, foi rexeitado entre outros motivos porque o Maior Frank Pease, de tendencias fascistas, lanzou un panfleto titulado Eisenstein, o mensaxeiro do inferno en Hollywood e entre outras cousas chamábao can vermello e o acusaba de tódalas barbaridades, fosen reais ou non, cometidas polos bolxeviques.
A Paramount non quería renunciar todavía a Eisenstein e lle encargou outro guión, que se titularía An American Tragedy, adaptación dunha obra de Theodor Dreiser. Trataba sobre a xustiza americana nun xuízo por asasinato, e co que a produtora quedou encantada. O problema foi que o Comité Fish, antecesor ó Comité de Actividades Antiamericanas, estaba actuando contra as actividades comunistas en California, e contra a idea de levar esa novela ó cine. Todo isto fixo que finalmente a Paramount rompese o seu contrato con Eisenstein.
Entre 1930 e 1932 Eisenstein visitou México, onde intentou producir unha nova película titulada ¡Que viva México!. Nada máis chegar a México foron encarcerados tanto el como os seus dous axudantes de dirección, todos rusos, pero mercede á intervención dun amigo español, o panorama cambiou ata o punto de que o convirtiron en hóspede de honra. Chegou a rodar 60.000 metros de película, pero a produción parouse debido a que Upton Sinclair, o novelista estadounidense, deixou de patrocinar a película. Díxolle a Eisenstein que volvese a Moscú, a onde lle enviaría a película xa rodada, cousa que nunca ocorreu. Upton Sinclair terminaría a película e estrenaría o resultado en 1933 baixo un título modificado: Thunder over Mexico. Sinclair acusou á Unión Soviética do fracaso do proxecto, e malia que puido ser así, é un punto aínda non aclarado.
De regreso á Unión Soviética[editar]
A visita de Eisenstein a norteamérica convertiuno en sospeitoso para Stalin, e esta sospeita xamais sería erradicada por completo da mente da elite estalinista. As seguintes dúas películas de Eisenstein serían censuradas por cuestións políticas, e foille asignado un supervisor oficial para vixilalo durante a rodaxe de Alexánder Nevsky, película moi popular entre os soviéticos, pola que se lle concedería a Orde de Lenin.
A súa película Iván o Terrible, na que presentaba a Iván IV de Rusia como un heroe nacional, gañou a aprobación de Stalin xunto cun Premio Stalin, pero a súa secuela Iván o Terrible, segunda parte non foi aprobada polo goberno. O traballo existente da película foi confiscado e destruída a maior parte, sobrevivindo só unha pequena parte do traballo orixinal.
Eisenstein sufriu unha terrible hemorraxia a causa dun infarto e morreu con 50 anos. Afírmase (sen que se poida comprobar) que científicos rusos preservaron o cerebro do cineasta, supostamente maior que un cerebro humano común. Está enterrado no Camposanto Novodevichy de Moscú.
Eisenstein estivo casado coa directora e escritora Pera Atasheva (1900-1965) entre 1934 e a súa morte en 1948. De todos xeitos, varios biógrafos documentaron a súa vida como cercana á homosexualidade ou bisexualidade.[1]
Análise da súa obra[editar]
En 1925 pon en práctica as súas teorías na súa primeira gran obra, A Folga (Стачка), se ben el mesmo considerou que fracasara á hora de facer fluír as emocións dos espectadores, e que era demasiado teatral. Incautou a única copia que había da película, e non se puido volver distribuír ata despois da súa morte, se ben xa fora exhibida en Occidente, e obtivo o premio na Exposición Uiversal de París de 1925.
Pero será a súa seguinte película, O acoirazado Potemkin, a que dará a coñecer o seu nome en todo o mundo, sendo posiblemente a película sobre a que máis se escribiu en toda a historia do cine. Segundo Eisenstein, o guión da película, de Nina Agadzhánova-Shutkó, foi escrito para unha película en oito episodios, 1905, que se comezou a rodar en San Petersburgoo e pensaba contar os sucesos da Folga Xeral. Tiveron que abandonar a rodaxe polo mal tempo, dirixíndose a Odessa a rodar o capítulo dedicado ó motín do Potemkin. O director decidiu entón centrar a película nese episodio, abandonando o proxecto de 1905.
Ó chegaren a Odessa, buscou ós superviventes da masacre, e incluso localizou os debuxos dun francés que fora testemuña do ocorrido. Reescribiu o guión e realizou diversos títulos para dirixir a acción.
Malia que os medios eran escasos, obtiveron resultados asombrosos mercede a unha serie de experimentos técnicos como pantallas reflectantes, fotografía desenfocada ou plataformas móbiles.
Eisenstein monta a película con 1290 planos, combinados con xenial mestría mediante unha montaxe rítmica. Os movementos de cámara son escasísimos, só realiza varios travellings, porque os considera innecesarios, xa que o movemento está determinado pola acción e pola montaxe. Destaca a escena da escalinata, con 170 planos, na que o pobo é brutalmente agredido polas forzas tsaristas, onde crea un tempo artificial, que fai que a secuencia dure case 6 minutos. Prescindirá de simbolismos intelectuais, e cunha espléndida fotografía, na que a masa se converterá na auténtica protagonista da obra, acabará por ser considerada a primeira obra mestra do cine soviético.
Os seus ensaios literarios cinematográficos e as súas dotes como orador, tendo en conta que falaba alemán, inglés e francés, fixeron que exercera unha gran influencia sobre a teoría cinematográfica da época.
Tras esta gran película fixo dous traballos máis, Octubro, onde narra os sucesos do asalto ó Pazo de Inverno durante a Revolución bolxevique de 1917, e A liña xeral (tamén coñecida como O vello e o novo), película sobre a reforma agraria. Desta última tivo que cambiar o guión en varias ocasións polos cambios na colectividade agraria na Unión Soviética. Nestas dúas obras volveu experimentar cunha nova linguaxe a través das imaxes, pero pola súa complexidade non chegarán a ser moi ben comprendidas na súa época. Ademais en A liña xeral a protagonista non é a masa, senón unha heroína individual, María Lápkina. O problema que tivo con Outubro foi o atraso de ata 5 meses na estrea, porque en pleno proceso de postprodución decatouse de que Trotski caera en desgraza, polo que tivo que retirar os planos nos que aparecía.
Despois da experiencia por Europa e América, regresa profundamente deprimido á súa patria, onde tampouco poderá culminar a súa seguinte rodaxe: A pradeira de Bejín, traxedia campesiña, que será saboteada polo máximo responsable da cinematografía rusa, que a considera politicamente incorrecta. Entón, ó igual que fixera Pudovkin, refúxiase no ensino e na elaboración da súa teoría sobre o emprego da cor e do son, que finalmente non logrará levar á práctica.
Dez anos despois da súa última obra dirixe Alexander Newski, que conta as andanzas deste heroe nacional ruso, que derrotou ós teutóns no século XIII. Nela volve facer gala da súa mestría para a montaxe. A protagonista volve ser unha soa persona, non a masa, e desaparece o seu vigoroso estilo documental para ser substituído por unha delicada reconstrución da historia.
A comezos dos anos 40 proxecta unha ampla triloxía sobre a figura de Ivan Grosni, o tsar Iván o Terrible. Presenta o drama do tsar como a materialización das contradicións dun político crente fiel e ortodoxo, que se ve obrigado a enfrontarse coa Igrexa rusa que non quere perder os seus privilexios feudais. A imaxe que presenta Eisenstein deste tsar torturado, que se cuestiona se o poder provén de Deus ou do pobo, desgusta ós dirixentes comunistas soviéticos, e despois de recibir o Premio Stalin polo primeiro capítulo, a segunda e terceira parte, que pensaba rodalas en color, son prohibidas. Eisenstein falece caído en desgracia en 1948.
Características da súa obra[editar]
- É fundamental a súa aportación teórica, como a súa hipótese sobre "A montaxe de atraccións", oonde postula o uso no cine de técnicas orixinarias do circo e do music-hall.
- Repudia a montaxe clásico, tal como a concibe Griffith, e deriva as súas teorías sobre a montaxe do estudio dos ideogramas xaponeses, nos que dúas nocións iustapostas conforman unha terceira (Ollo + Auga = Llanto; Porta + Orella = Escoitar; (Boca + Can = Ladrar).
- A montaxe é para el "Unha idea que xorde da colisión de dúas pezas, independentes a unha da outra". Este método permítelle partir de elementos físicos representables para visualizar conceptos e ideas de complicada representación.
- O movemento está determinado pola acción e pola montaxe.
- O protagonista nas súas obras adoita ser a masa, o pobo.
Filmografía[editar]
- Dnevnik Gloumova (O diario de Glumova, 1923); Curtametraxe de catro minutos para o o teatro proletario, inspirado nunha obra de Nicolas Ostrovsky.
- A Folga (Стачка, 1924)
- O acoirazado Potemkin (Броненосец Потёмкин, 1925)
- Outubro: Dez días que impactaron ó mundo (Октябрь: Десять дней,которые потрясли мир, 1927)
- A liña xeral (Генеральная линия aka Старое и ново, 1929)
- Romance sentimentale (Francia, 1930)
- ¡Que viva México! (inacabada) (1930-1932)
- Eisenstein In Mexico (1933)
- Death Day (1933)
- O prado de Bezhin (Бежин луг, inacabado, 1935-1937)
- Alexander Nevsky (Александр Невский, 1938)
- Time In The Sun (1940)
- Iván O Terrible, Parte I (Иван Грозный, 1945)
- Iván O Terrible, Parte II (1946 / 1958)
- Iván O Terrible, Parte III (1946, inacabada)
- En 1929, en Suíza, supervisou un documental educativo sobre o aborto dirixido por Edouard Tissé: Frauennot - Frauenglück
Notas[editar]
- ↑ LaValley, Albert J.; Barry P. Scherr (2001). Eisenstein at 100: A Reconsideration. Rutgers University Press, 53. ISBN 0-8135-2971-9.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Sergei Eisenstein na IMDb (en inglés).
- Figuras de cine: Sergei M Eisenstein (en castelán)