Conferencia de Casablanca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O presidente estadounidense Franklin D. Roosevelt e o primeiro ministro británico Winston Churchill
Os líderes franceses Henri Giraud e Charles de Gaulle xunto a Roosevelt e Churchill na Conferencia de Casablanca.

A Conferencia de Casablanca tivo lugar no Hotel Anfa, en Casablanca, Marrocos, que daquela era un protectorado francés, entre o 14 e o 24 de xaneiro de 1943, co obxectivo de planear unha estratexia europea para o funcionamento aliado durante a Segunda Guerra Mundial. Nesta conferencia estiveron presentes Franklin Delano Roosevelt, Winston Churchill, Charles de Gaulle e Henri Giraud.

O líder da URSS, Iosif Stalin foi tamén convidado á conferencia, pero non quixo ir. O xeneral Charles de Gaulle negouse inicialmente a participar na conferencia, pero tivo que cambiar de parecer debido á ameaza de Winston Churchill de recoñecer a Henri Giraud como único líder das Forzas da Francia Libre. Henri Giraud tamén estivo presente na conferencia. Durante as conversacións foi evidente a tensión entre os dous líderes franceses.

A declaración da Conferencia de Casablanca expresou que debía buscarse a rendición sen condicións por parte das Potencias do Eixo. Tamén se acordou axudar á Unión Soviética, así como invadir Sicilia e Italia e recoñecer o liderado de maneira conxunta da Francia Libre por parte de De Gaulle e Giraud. Roosevelt presentou os resultados da conferencia ao pobo norteamericano a través da radio o 12 de febreiro de 1943. Tamén se acordou que non habería invasión polo canal da Mancha durante o ano 1943.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]