Venres
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
O Venres é o quinto día da semana. O nome "Venres" vén do latín veneris (dies) ou día de Venus, deusa romana do amor.Durante os últimos anos desprazou en moitos falantes o nome orixinal galego Sexta-feira por influencia do nome castelán de onde foi introducido na lingua.
Índice |
Nomes noutras linguas: [editar]
| Lingua | Nome | Significado |
| Alemán | Freitag | O Día de Frøya |
| Búlgaro | Петък/Petak | O Quinto Día da Semana |
| Catalán | Divendres | Día de Venus |
| Checo | Pátek | O Quinto Día da Semana |
| Chinés Tradicional | 星期五/Xīng Qī Wu | Cinco da Semana |
| Español |
Viernes | Día de Venus |
| Eusquera |
Ostiral | Campo de Urtzi |
| Francés |
Vendredi | Día de Venus |
| Holandés |
Vrijdag | Día de Frig |
| Inglés |
Friday | Día de Frig |
| Irlandés | Dé aHoine | O Segundo Xaxún da Semana |
| Islandés |
Föstudagur | Día de Xaxún |
| Italiano |
Venerdì | Día de Venus |
| Noruegués |
Fredag | Día de Frøya |
| Quechua |
Ch'ashka P'unchay | Día da Estrela |
| Portugués |
Sexta-feira | Sexto día |
| Romanés | Vineri | Día de Venus |
| Ruso |
Пятницу/Pyatnitsa | Quinto Día |
| Xaponés |
金曜日/Kinyoubi | Día do Ouro |
O venres na cultura popular [editar]
No Barco de Valdeorras (Ourense), para cura-la caída do calleiro, ponse no amencer do venres, e durante tres venres seguidos, un colar feito de pólas de bidueiro no pescozo do enfermo.
Os días que levan ‘r’ (martes, mércores e venres) son considerados de mal agoiro e aconséllase non facer negocios neses días. Tampouco se debe corta-las uñas neses días, especialmente o venres.
Din en Portugal que À terça e sexta-feira não cases a filha, nem urdas a teia. Terça e sexta-feira son martes e venres.
Fraseoloxía [editar]
- Caldo de venres: o que se fai nos días de vixilia, sen botarlle carne nin graxa, e que só leva aceite rustrido. Os ollos que forma o aceite na superficie explican a frase ter máis ollos que o caldo de venres.
- Cara de venres: a de aspecto tristeiro.
- Non é cousa do outro venres: o que non sorprende a ninguén, ou que resulta cousa normal e corrente despois de anuncialo como se fose unha marabilla ou algo insólito.
- Sexta feira maior: venres santo.
Refraneiro [editar]
- Navidá en venres, sementa onde puideres, navidade en domingo, vende os bois e bótao en trigo.
- O martes e o venres nin te cases nin te embarques.
Días da semana: [editar]
Luns ~ Martes ~ Mércores ~ Xoves ~ Venres ~ Sábado ~ Domingo