7 de marzo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Feb - Marzo - Abr | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
| Os 366 días do ano | ||||||
7 de marzo é o 66º día do ano no calendario gregoriano e o 67º nos anos bisestos. Quedan 299 días para acabar o ano.
6 de marzo < 7 de marzo < 8 de marzo
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1876: Alexander Graham Bell lanza a patente do teléfono.
- 1911: Comezo da Revolución Mexicana.
- 1914: publícase o derradeiro número do semanario de Rianxo El Barbero Municipal.
- 1934: O autoxiro La Cierva, tripulado polo seu inventor, realiza probas de descenso e despegue satisfactorias na cuberta do portaavións Dédalo, en augas de València.
- 1938: Guerra civil española: Afundimento do cruceiro Baleares, no que morreron 788 homes
- 1966: O ministro Manuel Fraga báñase na praia de Palomares (Almería), ante o temor popular á radioactividade dunha Bomba H estadounidense perdida no mar por un accidente aéreo.
- 1983: Ábrense as portas do remodelado Palacio de El Pardo, en Madrid, destinado no futuro para residencia dos Xefes de Estado estranxeiros en visita a España
- 1996: Constitución do primeiro Parlamento palestino elixido democraticamente e integrado por 88 deputados.
[editar] Nacementos
- 1785 - Alessandro Manzoni, escritor italiano.
- 1792 - John Herschel, matemático e astrónomo inglés.
- 1805 - Juana de Vega, escritora galega.
- 1872 - Piet Mondriaan, pintor holandés.
- 1875 - Maurice Ravel, compositor francés.
- 1899 - Charles W. Thornthwaite, climatólogo e xeógrafo estadounidense.
- 1930 - Stanley Miller, científico estadounidense.
- 1936 - Antonio Mercero, director de cine e TV español.
- 1938 - Albert Fert, físico francés.
- 1945 - César Mera, político galego.
- 1970 - Rachel Weisz, actriz británica.
[editar] Mortes
- 1786 - Franz Benda, compositor e violinista bohemio.
- 1890 - Claudio Moyano, político español.
- 1908 - Manuel Curros Enríquez, escritor galego, na Habana (Cuba).
- 1909 - Xosé García Barbón, empresario e mecenas galego.
- 1909 - Georgy Lvov, primeiro presidente da Rusia post-imperial.
- 1999 - Stanley Kubrick, cineasta estadounidense (n. 1928).
- 2000 - Alfredo Cid Rumbao, mestre e investigador galego.
- 2001 - Ramón Pais Romero, mestre e político galego.
- 2009 - Pablo Moure Mariño, político galego.
[editar] Outros
- Santoral: Santa Perpetua e Santa Felicidade