Elvira Lindo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elvira Lindo na inauguración dos cursos de verán 2007 da Universidade Internacional de Andalucia.

Elvira Lindo Garrido é unha escritora e xornalista española nada en Cádiz o 23 de xaneiro de 1962.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con doce anos trasladouse a vivir a Madrid, onde estudaría a carreira de Xornalismo compaxinándoa co seu primeiro traballo como locutora de radio, en Radio Nacional de España. Non chegou a rematala, xa que optou por abandonala e dedicarse integramente ás súas facetas de locutora, actriz e guionista en radio e televisión.

A súa primeira novela xurdiu a raíz dun dos seus personaxes radiofónicos, ó que ela mesma puña voz, o neno Manolito Gafotas, que vivía no seo dunha familia humilde no barrio madrileño de Carabanchel (Alto) coa súa familia: unha nai autoritaria, un pai traballador, un avó permisivo e un irmán demasiado pequeno e inxenuo ó que Manolito se refire como El Imbécil. Manolito converteuse nun dos personaxes máis populares da literatura infantil española (o que deu fama tamén á súa creadora) protagonizando varias novelas narradas en primeira persoa (Manolito Gafotas, Pobre Manolito, ¡Cómo molo!, Los trapos sucios, Manolito on the road, Yo y el Imbécil e Manolito tiene un secreto) e escritas cun sólido estilo literario, humor, ironía e unha aguda crítica social. As súas historias foron levadas ó cine en dúas ocasións coas películas Manolito Gafotas (1999), de Miguel Albaladejo e Manolito Gafotas en ¡Mola ser jefe! (2001), de Joan Potau. Tamén foi levado á pequena pantalla en 2004 coa serie de Antena 3 Manolito Gafotas, que dirixiu Antonio Mercero.

A autora escribiu así mesmo novelas para adultos e teatro, ademais de ser guionista das películas La primera noche de mi vida xunto a Miguel Albaladejo, de Manolito Gafotas, Ataque verbal, de novo xunto ó director alacantino, Plenilunio adaptación da novela do seu home, o escritor e académico Antonio Muñoz Molina. Desde que este foi nomeado director do Instituto Cervantes en Nueva York, Elvira Lindo reside nesta cidade.

Colabora regularmente desde hai anos en El País con artigos de opinión, así como en diversas revistas e diarios. As súas exitosas columnas en clave de humor, Tinto de Verano, que durante anos publicou El País, foron recollidas nun libro co mesmo nome.

Realizou algúns pequenos papeis como actriz, principalmente en películas das que era guionista ou baseadas en obras súas.

En 1998 obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por Los trapos sucios de Manolito Gafotas e en 2005 el XIX Premio Biblioteca Breve por Una palabra tuya.

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa infantil[editar | editar a fonte]

  • 1994: Manolito Gafotas (traducido do galego, Manolito Catrollos)
  • 1995: ¡Cómo molo!: (otra de Manolito Gafotas)
  • 1996: Pobre Manolito
  • 1997: Los trapos sucios de Manolito Gafotas
  • 1998: El otro barrio
  • 1998: Manolito on the road.
  • 1999: Yo y el imbécil
  • 2002: Manolito tiene un secreto (traducido ao galego, Manolito ten un segredo)
  • 2006: Recuerdos sobre ruedas

Narrativa para adultos[editar | editar a fonte]

  • 2002: Algo más inesperado que la muerte.
  • 2005: Una palabra tuya.

Contos[editar | editar a fonte]

  • 1996: Olivia y la corte de los Reyes Magos.
  • 1997: La abuela de Olivia se ha perdido.
  • 1997: Olivia no quiere bañarse.
  • 1997: Olivia no quiere ir al colegio.
  • 1997: Olivia no sabe perder.
  • 1997: Olivia y el fantasma.
  • 1997: Olivia tiene cosas que hacer.
  • 1999: Charanga y pandereta.
  • 2000: Bolinga.
  • 2000: Amigos del alma.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • 1996: La ley de la selva.
  • 2004: La sorpresa del roscón.

Guións[editar | editar a fonte]

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • 2000: Ser compañera, en: Ser mujer de Laura Freixas (ed.) .
  • 2001: Tinto de verano.
  • 2002: Tinto de verano 2 : el mundo es un pañuelo ; de Madrid a Nueva York.
  • 2003: Otro verano contigo: Tinto de verano 3.

Actriz ocasional[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]