Martes
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
O martes, terza feira, ou terceira feira é o segundo día da semana. O nome "Martes" vén do latín martis (dies) ou día de Marte, deus romano da guerra.
Índice |
Nomes noutras linguas: [editar]
| Lingua | Nome | Significado |
| Alemán | Dienstag | Día de Týr |
| Búlgaro | Вторник/Vtornik | Segundo Día |
| Catalán | Dimarts | Día de Marte |
| Checo | Úterý | Segundo Día |
| Chinés Tradicional | 星期二/Xīng Qī Èr | Dous da Semana |
| Español |
Martes | Día de Marte |
| Eusquera |
Astearte | Entre Semana |
| Francés |
Mardi | Día de Marte |
| Holandés |
Dinsdag | Día de Týr |
| Inglés |
Tuesday | Día de Tiw |
| Islandés |
Þriðjudagur | Terceiro día |
| Irlandés | De Máirt | Día de Marte |
| Italiano |
Martedì | Día de Marte |
| Noruegués |
Tirsdag | Día de Týr |
| Quechua |
Ati P'unchay | Día da Enerxía |
| Portugués |
Terça-feira | Terceiro día |
| Romanés | Marti | Día de Marte |
| Ruso |
Вторник/Vtornik | Segundo Día |
| Xaponés |
火曜日/Kayoubi | Día do Lume |
O martes na cultura popular [editar]
O martes é considerado un día nefasto. Crese que os días que levan ‘r’ (martes, mércores e venres) son de mal agoiro e aconséllase non facer negocios neses días. En Lalín din que o que nace en martes morre de mala morte.
Ninguén casa en día de ‘r’, e moito menos o martes
Non se poden poñe-las patacas en martes e con lúa de forza, porque se non agrelan. Para escorrenta-las meigas pode utilizarse esta expresión: ¡San Silvestre, que hoxe é martes! para que se perdan ó cambia-lo día da semana.
Refraneiro [editar]
- En martes, nin a cama mudes nin a roupa laves.
- En martes, nin pano cortes nin filla cases.
- En martes, nin porco mates nin churra botes que pitos saque.
- En martes, nin porco mates, nin galiña deites que pitos saque.
- En martes nin te cases nin te embarques.
- En martes, nin te cases nin te embarques, nin a túa porca mates, nin a túa pita botes, nin a túa tea urdas.
- En martes, nin tea tezas nin roupa laves.
- En martes non te cases nin te embarques nin o teu porquiño mates.
- En martes non te cases nin te embarques, nin o teu cocho mates, nin o teu pan cozas, nin a túa tea urdas, nin a túa filla cases, nin dos da túa casa te apartes.
- Martes de entroido, ¡cando has de vir! Casquiñas de ovos, ¡case habés de ruxir!
- Martes, durme hastra que te afartes.
- Mata en martes e a lúa non cates.
- O entroido, coas súas malas artes, botou a san Matías fóra do martes.
- O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa.
- O martes e o venres nin te cases nin te embarques.
E en Portugal: As terças e sextas-feiras não casses a filha nem urdas a teia. Terça e sexta-feira son martes e venres.
Cantigueiro [editar]
- Adios, martes d'Antroido,/ adios, meu amiguiño,/ hasta domingo de Pascua/ xa non como máis touciño.
- Cásate, Xan, en domingo,/ estarás o luns de boda,/ o martes traballarás,/ e acabouse a festa toda.
Días da semana: [editar]
Luns ~ Martes ~ Mércores ~ Xoves ~ Venres ~ Sábado ~ Domingo