William Baffin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Baffin
Nacemento1584
Lugar de nacementoLondres
Falecemento23 de xaneiro de 1622 e 1622
Lugar de falecementoIlla de Ormuz
Causaferida por arma de fogo
NacionalidadeReino de Inglaterra
Ocupaciónexplorador, cartógrafo e escritor
Coñecido porchegar á baía que agora se denomina Baía de Baffin.
editar datos en Wikidata ]

William Baffin, nado en Londres en 1584 e finado na illa de Ormuz o 23 de xaneiro de 1622, foi un navegante inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi piloto de James Hall, e á morte deste en Groenlandia pasou a servir nos baleeiros das Spitsbergen. En 1615 acompañou ao capitán Robert Bylot na procura do Paso do Noroeste, entre o Atlántico e o Pacífico, e en 1616 chegou á baía que agora se denomina Baía de Baffin.