Stendhal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stendhal segundo Johan Olaf Sodemark (1840)

Henri Beyle, coñecido como Stendhal, nado en Grenoble o 23 de xaneiro de 1783 e finado en París o 23 de marzo de 1842, foi un escritor francés do século XIX.

Índice

Traxectoria [editar]

Valorado pola súa aguda análise de caracteres e a concisión do seu estilo, é considerado un dos literatos máis importantes e máis temperáns do Realismo.

É coñecido sobre todo polas súas novelas Le Rouge et le Noir (Vermello e negro) 1830, e La Chartreuse de Parme (A cartuxa de Parma) 1839.

Henri Beyle empregou diferentes pseudónimos para asinar os seus escritos, sendo Stendhal o máis coñecido deles. Existen dúas hipóteses plausibles sobre a orixe do pseudónimo:[1][2] a máis aceptada é que tomase o pseudónimo da cidade alemá de Stendal, lugar de nacemento de Johann Joachim Winckelmann, fundador da arqueoloxía moderna a quen admiraba. Unha segunda hipótese é que o pseudónimo sexa un anagrama de Shetland, unhas illas que Stendhal coñeceu e que lle deixaron unha profunda impresión.

Galería de imaxes [editar]

Notas [editar]

  1. Michel Crouzet: Stendhal et l'italianité. Editions José Corti, 1982.
  2. Jefferson, Ann. Reading Realism in Stendhal (Cambridge Studies in French). Cambridge, UK: Cambridge University Press, 1988.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de:
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]