8 de abril
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Mar - Abril - Mai | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | |||||
| Os 366 días do ano | ||||||
O 8 de abril é o 98º día do ano do calendario gregoriano e o 99º nos anos bisestos. Quedan 267 días para finalizar o ano.
7 de abril < 8 de abril < 9 de abril
Índice |
[editar] Acontecementos
- 217 - Asasinato do emperador romano Caracalla polo prefecto da súa Garda Pretoriana e sucesor, Marcus Opellius Macrinus.
- 1820 - Descúbrese a Venus de Milo na illa exea de Melos.
- 1904 - Francia e o Reino Unido asinan a Entente Cordial.
- 1939 - España retírase da Sociedade de Nacións.
- 1940 - Tropas alemás invaden Noruega e ocupan Dinamarca.
- 1953 - O líder Mau Mau Jomo Kenyatta, condenado polas autoridades británicas de Kenya.
- 1957 - O Exipto reabre o Canal de Suez para o tráfico marítimo.
- 1977 - Sábado de Gloria, queda legalizado o Partido Comunista de España, por decisión persoal de Adolfo Suárez.
- 1986 - O actor Clint Eastwood é elixido alcalde de Carmel-by-the-Sea, California.
[editar] Nacementos
- 563 a.C. - Gautama Buddha, líder relixioso indio (- 483).[Cómpre referencia]
- 1320 - Rei Pedro I de Portugal, "o xusticeiro" (m. 1367).
- 1605 - Filipe IV de España.
- 1798 - Ramón de la Sagra, biólogo e anarquista galego (m. 1871)
- 1821 - Charles-Pierre Baudelaire, poeta simbolista francés.
- 1892 - Mary Pickford, actriz canadiana e fundadora de estudios cinematográficos (m. 1979).
- 1893 - Vicente Gómez Paratcha, avogado e diplomático galego (m. 1961).
- 1909 - John Fante, escritor estadounidense.
- 1911 - Emil Cioran, filósofo e ensaísta rumeno (m. 1995).
- 1929 - Jacques Brel, cantautor belga (m. 1978).
- 1936 - Manuel Aramburu pintor galego.
- 1938 - Kofi Annan, ex-Secretario Xeral das Nacións Unidas.
- 1955 - Barbara Kingsolver, novelista estadounidense.
- 1962 - Ramón Mariño Paz, escritor e lingüista galego.
[editar] Mortes
- 217 - Caracalla, emperador romano (n. 186).
- 1492 - Lorenzo de Medici, "O Magnífico", gobernante de Florencia e patrón das artes.
- 1835 - Wilhelm von Humboldt, lingüista, diplomático e filósofo alemán (n. 1767).
- 1848 - Gaetano Donizetti, compositor de óperas italiano (n. 1797).
- 1913 - Modesto Domínguez Hervella, matemático e enxeñeiro galego (n. 1827).
- 1936 - Robert Barany, médico austríaco de orixe húngara.
- 1937 - Casto Sampedro Folgar, avogado e historiador galego (n. 1848).
- 1950 - Vaslav Nijinsky, bailarín nacido en Polonia (n. 1890).
- 1958 - Ethel Turner, escritora británica.
- 1970 - Julius Pokorny, estudoso das linguas celtas.
- 1973 - Pablo Picasso, pintor español.
- 2003 - José Couso Permuy, xornalista ferrolán asasinado en Iraq por tropas estadounidenses.
[editar] Festas e celebracións
[editar] Outros
- Santoral: Santos Gastón, Amancio e Dionisio
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro