Walter Jonathan Andrew

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWalter Jonathan Andrew
Biografía
Nacemento1859.
Morte1934.
President of the British Numismatic Society (en) Traducir
1909 – 1909
← Philip W. P. Carlyon-BrittonPhilip W. P. Carlyon-Britton → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
Coñecido porFundador da British Numismatic Society.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
Premios
1914: Medalla Sanford Saltus (BNS).


Walter Jonathan Andrew, nado en Derbyshire en 1859 e finado en 1934, foi un numismático e arqueólogo afeccionado británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Walter Jonathan Andrew naceu en Derbyshire en 1859, no seo dunha familia coñecida pola súa implicación en asuntos cívicos. Asistiu á escola de Rugby, Warwickshire, e titulouse como avogado en 1882.[1]

Aruqeoloxía e numismática[editar | editar a fonte]

Á marxe do mundo do Dereito, Andrew tiña outros variados intereses, sinaladamente a arqueoloxía e a numismática. Formou parte do grupo de afeccionados á numismática que en 1903 fundaron a British Numismatic Society,[2] entidade da que foi o seu segundo presidente, entre 1909 e 1910,[3] e tamén foi elixido membro da Sociedade de Anticuarios de Londres, en 1902,[4] e do Hampshire Field Club and Archaeological Society.[1]

Como afeccionado á arqueoloxía participou na escavación na que se achou unha importante cunca saxoa en Oliver's Battery, Hampshire, hoxe depositada no Winchester City Museum. A partir de 1927, centrou o seu foco na descuberta da King John's House, un edificio medieval de pedra en Romsey, Hampshire,[5] da que logrou determinar, a través da investigación en rexistros, que fora construído polo rei Xoán I de Inglaterra e que posteriormente o seu fillo, Henrique III, llo concedera á abadía de Romsey. [1]

Outros intereses[editar | editar a fonte]

Outros dos seus intereses eran a navegación en globo aerostático —recibiu a medalla de ouro da Balloon Society—, a historia natural —foi editor de honra da Derbyshire and Natural History Society— e o sendeirismo —pertenceu ao Manchester Pedestrian Club —. [1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Estes son os traballos monográficos máis representativos dos publicados por Andrew ao longo da súa traxectoria:[7][8]

  • (1901). A numismatic history of the reign of Henry I (1100-1135). 2 volumes. Separata de Numismatic Chronicle. Quaritch, Londres.
  • (1903). Notes on ‘A numismatic history of the reign of Henry I.
  • (1928). History of King John’s House, Romsey. Romsey.
  • (1933). Numismatic sidelights on the battle of Brunanburh, A.D. 937. Harrison, Londres.
  • (1934-1935). The die for Stephen's coinage in the Guildhall Museum, and secondary evidence there of an unpublished penny of Henry I. Separata de Numismatic Chronicle, Londres.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Andrew, Walter Jonathan 1859 - 1934". Hampshire Field Club & Archaeological Society.
  2. "The British Numismatic Society: A History". En British Numismatic Journal. Vol. 73. Nº 4. Páxina 1.
  3. "History: Presidents of the Society". British Numismatic Society.
  4. Proceedings of the Society of Antiquaries of London. Serie 2ª, Vol. XIX. 1902-1903. Páxina 51.
  5. "Walter Jonathan Andrew". The British Museum.
  6. "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
  7. "Andrew, Walter Jonathan Arquivado 25 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  8. "Andrew, Walter Jonathan". WorldCat Identities.