Saltar ao contido

General Electric

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A empresa non debe ser confundida con: General Electric Company plc
 General Electric
 Instancia de
Características
 Aspecto de
GE Aerospace (1892 - 2024) Editar o valor en Wikidata
Implicados
Datas
 Disolución / destrución
2024 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
2019demanda Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
GE HealthCare (2004 - )
GE Vernova (2023 - ) Editar o valor en Wikidata
 Substituído por
GE Aerospace (1892 - )
GE HealthCare (2004 - )
GE Vernova (2023 - ) Editar o valor en Wikidata
 Premios e distincións
Silver Anvil Award (en) Traducir (1980)
Silver Anvil Award (en) Traducir (1979) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de operación
Fontes e ligazóns
VIAF143111218 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000109430267 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03bnb Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Twitter: generalelectric Instagram: generalelectric LinkedIn: ge Snapchat: generalelectric Youtube: UCsoB6O14wNa8-7dHMfxftgA Enciclopedia Galega Universal: 130217 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

General Electric Company, máis coñecida como General Electric (abreviada GE), foi unha empresa multinacional estadounidense fundada en Nova York e con sede en Connecticut.[1] A empresa operaba principalmente en catro sectores: enerxía, infraestruturas tecnolóxicas, capital, sector financeiro, sector doméstico e industrial.

Thomas Edison, 1878.
Edificio de General Electric en Nova York.

En 1890, Thomas Alva Edison xuntara varios dos seus negocios baixo unha corporación para formar Edison General Electric. Case ao mesmo tempo, Charles Coffin, dirixindo Thomson-Houston Electric Company, adquiriu un bo número de competidores e tivo acceso ás súas patentes clave.[1]

General Electric foi formada pola fusión en 1892 de Edison General Electric en Schenectady, Nova York, e Thomson-Houston Electric Company de Lynn, Massachusetts. Ámbalas plantas continuaron operando baixo a marca de General Electric. A empresa foi fundada en Nova York, coa planta de Schenectady utilizada como sede durante moitos anos.

En 1910 a compañía comezou a produción en masa das lámpadas de filamento de tungsteno (a patente para o uso de filamentos incandescentes mercáronlla ao inventor ruso Aleksandr Lodygin en 1906).

En 1925 saca ao mercado o primeiro refrixerador para o fogar.

En 1928 abre unha emisora ​​de radio e comeza a transmisión de programas de televisión.

En 1942 proba o seu primeiro motor a reacción.

En 1947 comeza a produción masiva de lavadoras automáticas.

En 1960 a compañía produce unha metralladora M134 Minigun, un dos seus produtos emblemáticos.

General Electric tiña unha ampla historia de traballo con turbinas no campo de xeración de enerxía. A compañía introduciu os primeiros turbocompresores durante a primeira guerra mundial, e continuou desenvolvéndoos durante o período de entreguerras, chegando a ser indispensables nos anos inmediatamente antes da segunda guerra mundial. General Electric tamén traballou con deseños de Frank Whittle durante a guerra, introducindo os motores de reacción de Whittle nos Estados Unidos durante os anos 1940. Isto conduciu á fundación de General Electric Aviation, que é actualmente un dos maiores fabricantes de motores no mundo, só por detrás de Rolls-Royce de Gran Bretaña, que abriu o camiño no deseño e a fabricación de motores. En 2002, General Electric mercou os activos de enerxía eólica de Enron durante a liquidación por creba.[2][3]

Tren GE (GE U25B) en 1972 en Bellingham, Washington.

Actividades

[editar | editar a fonte]

A empresa contou con 6 unidades de negocio:

  • GE Energy fabricaba equipos de tratamento de auga e equipos de purificación de auga para a xeración de enerxía, distribución segura e fiable de electricidade, equipos de gas, incluíndo turbinas.
  • GE Healthcare fabricaba equipos médicos.
  • GE Transportation fabricaba locomotoras para mercancías e pasaxeiros, sinalización ferroviaria, motores diésel para ferrocarril e mariños, así como os sistemas de propulsión para camións mineiros e perforadoras.
  • GE Aviation producía motores a reacción, turbinas de gas para o seu uso na construción naval, así como avións.
  • GE Capital incluía GE Money Bank e GE Servizos de Aviación Comercial.
  • Home & Business Solutions, incluíndo GE Iluminación, Intelligent Platforms, producía aparatos de iluminación e sistemas de alimentación ininterrompida.
  1. 1 2 "Thomas Edison e a GE" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2017.
  2. ↑ "Herança em Pesquisa" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2017.
  3. ↑ "La marca que cambió el mundo. GE". Banzai (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]