Gert Hatz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «G. Hatz»)
Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Hatz
Infotaula de personaGert Hatz
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1928.
Hamburgo, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte5 de setembro de 2017 (89 anos)
Eutin.
Schleswig-Holstein.
Alemaña Alemaña
Director de museo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemá
Educación Universidade de Hamburgo.
Coñecido porEstudos de numismática medieval.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático , profesor universitario , museólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Hamburgo
Universidade de Kiel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
Walter Hävernick.
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeVera Hatz (1956)
Premios
- 1979: Medalla Elias Brenner (SNF).
- (1988): Premio da GIG.
- (2002): Premio Derek Allen.
- (2003): Medalla da RNS.
- (2007): Medalla Gunnar Holst.


Gert Hatz, nado o 4 de xaneiro de 1928 en Hamburgo e finado o 5 de setembro de 2017 en Eutin, Schleswig-Holstein, foi un numismático alemán especializado na moeda e na circulación monetaria nos séculos X e XI.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Logo de concluír a súa educación secundaria en 1946, Gert Hatz comezou o ano seguinte os seus estudos de Historia, Folclore alemán e Ciencias Auxiliares da Historia na Universidade de Hamburgo. Alí, un dos seus profesores máis sobranceiros foi Walter Hävernick, que dirixía o Museo de Historia de Hamburgo e que era o titular da cátedra de Antigüidade e Folclore Alemán na universidade desde 1947.[1]

Baixo a dirección de Hävernick, Hatz acadou o seu doutoramento o 12 de xaneiro de 1952, cunha tese sobre os inicios das cuñaxes en Holstein, baseada na concepción dos achados monetarios como fonte histórica.[2] Esta tese forma parte dunha serie de traballos similares doutros alumnos de Hävernik na Universidade de Hamburgo, entre eles Vera Hatz (a muller de Gert, coa que casou en 1956) e Peter Berghaus, que habitualmente se coñecen como a Escola Numismática de Hamburgo.[1]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Xa a partir de 1950, Hatz comezara a colaborar ocasionalmente, aínda como estudante, no gabinete numismático do Museo de Historia de Hamburgo, mais foi o 14 de xaneiro de 1952 cando comezou formalmente a súa traxectoria laboral nesa institución, como o seu conservador principal e como xefe do seu gabinete numismático, posto que ocupou ata 1993.[1]

Hatz substituíu en ocasións a Hävernick como representante do museo na Comisión Numismática dos Estados da República Federal Alemá, e comezou a traballar na confección do catálogo centralizado dos achados monetarios alemáns da Idade Media e da Idade Moderna. Entre 1961 e 1974 Hatz corresponsabilizouse con Hävernick da súa representación na Comisión, e a partir dese ano foi designado como representante principal e como presidente da Comisión, ata a súa xubilación en 1993.[1]

A partir de 1956, un dos labores de Hatz foi a participación, xunto con Vera Hatz e Peter Berghaus, no rexistro sistemático de moedas alemás en achados suecos da época viquinga, un proxecto xestionado entre a Comisión dos Estados e a Real Academia de Ciencias de Suecia.[1][3]

En 1971, Hatz acadou a súa habilitación como docente na Universidade de Hamburgo, cunha memoria (publicada en Suecia en 1974) acerca das moedas alemás presentes en Suecia nos séculos X e XI.[4] A partir do ano seguinte comezou a docencia nesa universidade de xeito independente e en 1988 foi nomeado profesor adxunto, adscrito ao Departamento de Historia, e tamén profesor honorario no Instituto de Prehistoria e Protohistoria da Universidade de Kiel.[1]

No ámbito editorial, en 1953 Hatz entrou a formar parte do equipo editorial da publicación Hamburger Beiträge zur Numismatik ("Contribucións de Hamburgo á numismática"), onde publicou unha gran cantidade de artigos, e a partir de 1959 asumiu a súa dirección editorial. Entre 1960 e 1967 tamén se fixo cargo da edición da sección Vorhansische Zeit ("Período prehanseático") na revista Hansischen Geschichtsblätter ("Follas de historia hanseática").[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En recoñecemento do seu labor en prol da numismática sueca, Gert Hatz e a súa Muller, Vera Hatz, foron recoñecidos polo rei Carlos Gustavo de Suecia como comendadores da Orde da Estrela Polar, o día 17 de setembro de 1993.[1]

Diversas entidades numismáticas nomeárono membro de honra, entre elas a Sociedade Numismática de Berlín e a Asociación de Amigos das Moedas de Hamburgo.[1]

Premios[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Gert Hatz foi un prolífico autor de artigos numismáticos en diversas revistas da súa época (varios centos en Hamburger Beiträge zur Numismatik), e tamén dalgúns traballos monográficos. Esta é unha escolma das súas monografías máis salientables:[11][12][13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Wiechmann, R. (2017).
  2. Véxase (1952) en "Publicacións".
  3. Kluge, B. (2017).
  4. Véxase (1974) en "Publicacións".
  5. "SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen.
  6. "GIG-Ehrenpreisträger Arquivado 03 de marzo de 2020 en Wayback Machine.". No sitio web da SHMI.
  7. "Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte". www.gig-geldgeschichte.de. Consultado o 2021-05-28. 
  8. "Derek Allen Prize". The British Academy.
  9. "Bylaws of the Society". Royal Numismatic Society.
  10. "2007 års pris från Gunnar Holsts stiftelse för numismatik". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Decembro de 2007. Páxina 184.
  11. "Gert Hatz (1928-2017). Schriftenverzeichnis 1952-1987". Coingallery.de
  12. "Gert Hatz". Open Library. Internet Archive.
  13. "Hatz, Gert 1919- Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  14. Recensión da obra por M. Dhénin, en Revue numismatique. Nº 18. 1976. Société française de numismatique. Páxinas 233-234.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]