Holstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ducado de Holstein
Hertugdømmet Slesvig
Herzogtum Holstein
1058–1866
Capital Schleswig, Flensburgo, Copenhague
Lingua danés, alemán, baixo alemán, frisio do Norte
Relixión catolicismo, luteranismo e menonita (desde o século XVI), xudaísmo
Goberno Ducado
Historia
 • Establecido 1058
 • Disolución 1866

Holstein (AFI: [ˈhɔlʃtain]) (en baixo saxón: Hosteen, en danés: Holsten, en latín: Holsatia) é a rexión situada entre os ríos Elba e Eider. Na actualidade forma parte de Schleswig-Holstein, o Estado federado situado máis ao norte de Alemaña. A capital de Holstein é Kiel.[1]

Holstein existíu anteriormente como o Condado de Holstein (en alemán: Grafschaft Holstein), o posterior Ducado de Holstein (en alemán: Herzogtum Holstein) e foi o extremo setentrional do Sacro Imperio Romano Xermánico.

A historia de Holstein está ligada estreitamente coa do Ducado danés de Schleswig.

O nome Holstein provén dos holcetae, unha tribo saxoa que o historiador alemán Adán de Bremen menciona como asentada na ribeira norte do Elba, ao oeste de Hamburgo. O nome significa "moradores do bosque".[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa do Ducado de Holstein
Xutlandia e o extremo setentrional de Alemaña onde pode apreciarse Schleswig e Holstein no actual estado federado alemán de Schleswig-Holstein

Orixes[editar | editar a fonte]

Despois do período de migración da Alta Idade Media, Holstein foi adxacente aos Obodritas na costa do mar Báltico e a terra dos daneses en Xutlandia.

Condado[editar | editar a fonte]

Holstein, que en esencia era a parte da Antiga Saxonia situada alo norte do río Elba, foi conquistada por Carlomagno contra o ano 800.

Entre 1111 e 1474 foi un condado; primeiro foi un feudo pertencente ao Ducado de Saxonia, logo ao Ducado de Saxonia-Lauenburgo e finalmente ao Bispado de Lübeck.

O Condado de Holstein estaba gobernado pola Casa de Schauenburgo, e o seu primeiro conde foi Adolfo I de Holstein.

Holstein foi ocupado por Dinamarca despois da Batalla de Stellau (1201), pero os Schauenburgo recuperárono como consecuencia da Batalla de Bornhöved (1227).

No século XIV os condes de Holstein adquiriron o Ducado de Schleswig, un feudo controlado polo Reino de Dinamarca.

Cando a liñaxe dos condes de Schauenburg se extinguiu en 1459, Holstein e Schleswig pasaron a ser posesións do rei de Dinamarca debido ao Tratado de Ribe (1460); unicamente o Señorío de Pinneberg permaneceu baixo o dominio dos condes de Schauenburgo.

Ducado[editar | editar a fonte]

En 1474 Holstein ascendeu a ducado, e transformouse nun Estado do Sacro Imperio Romano Xermánico, situación que se mantivo até que o Imperio se disolveu en 1806.

En 1490 Holstein foi dividido en Holstein-Segeberg e Holstein-Gottorp. Holstein-Segeberg seguiu baixo o control do rei danés se coñeceuse tamén polo nome de Holstein Real, aínda que máis adiante pasou a denominarse Holstein-Glückstadt. Holstein-Gottorp, tamén coñecido como Holstein Ducal, foi entregado a unha rama da Casa de Oldemburgo, á cal pertencían os reis de Dinamarca.

O Duque de Holstein-Gottorp converteuse en 1762 en tsar do Imperio ruso, baixo o nome de Pedro III, que planeou un ataque contra Dinamarca para recuperar as terras perdidas de Holstein-Gottorp en Schleswig.

Pese a que Pedro foi destroado ao pouco tempo pola súa esposa, Catarina la Grande, os daneses decidiron eliminar de raíz o problema. En 1773 intercambiaron o Condado de Oldemburgo polo territorio de Gottorp en Holstein, tomando o control da totalidade de Holstein. Deste modo, Holstein volveu a ser unificado como estado.

Confederacón Xermánica[editar | editar a fonte]

O Ducado de Holstein non foi ocupado polos franceses durante a Época Napoleónica. Seguía estando unido a Dinamarca (o rei de Dinamarca era tamén o duque de Holstein).

Tras a morte do rei Federico VII de Dinamarca en 1863, houbo unha disputa en canto á herdanza de Schleswig e Holstein (Asunto de Schleswig-Holstein). O novo rei, Cristián IX, reclamaba estes territorios como herdanza por parte dunha liña de sucesión materna; mentres que o Duque de Augustenborg, un descendente doutra liña familiar menor, tamén exixía ambos os ducados.

Pouco despois, a Confederación Xermánica, liderada por Prusia e Austria, entrou en guerra con Dinamarca (a Guerra dos Ducados). Dinamarca foi vencida rapidamente en 1864 e obrigada a ceder os ducados. Porén, as terras non foron entregadas ao duque de Augustenborg.

Reino de Prusia[editar | editar a fonte]

En 1865 Prusia e Austria chegaron a un acordo polo cal os austríacos ocuparían e gobernarían Holstein, en tanto que os prusianos farían o propio en Schleswig. Este pacto finalizou candou comezou a Guerra austro-prusiana ou Guerra das Sete Semanas de 1866, ao final da cal Schleswig e Holstein pasaron a conformar a Provincia de Schleswig-Holstein do Reino de Prusia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A partir de 1864, Holstein limitaba con Dinamarca polo norte, co Bispado de Lübeck (Principado de Lübeck, anteriormente o Principado-Bispado de Lübeck, era un exclave do Gran Ducado de Oldemburgo), a Cidade Libre e Hanseática de Lübeck, e o Ducado de Saxonia-Lauenburgo polo leste, e co Reino de Hannover e a Cidade Libre e Hanseática de Hamburgo polo sur. Tamén limita co mar do Norte polo oeste e o mar Báltico polo leste. A súa única illa importante é a de Fehmarn, que orixinariamente era parte do Ducado de Schleswig (até 1867).

As cidades de Holstein son Kiel, Altona, Glückstadt, Rendsburg, Segeberg, Heiligenhafen, Oldenburgo e Plön.

Tiña unha superficie de 8 385 km2.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Hosltein na Enciclopedia Británica. Consultada o 25 de decembro de 2021.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]